Phytophthora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fitóftora (xénero Phytophthora)

Phytophthora porri en allo porro (Allium porrum)
Clasificación científica
Reino: Protista
(sen clasif.) Chromista
Filo: Heterokontophyta
Clase: Oomycetes
Orde: Peronosporales
Familia: Pythiaceae
Xénero: Phytophthora
Especies

Phytophthora arecae
Phytophthora botryosa
Phytoohthora cactorum
Phytophthora cajani
Phytophthora cambivora
Phytophthora capsici
Phytophthora cinnamomi
Phytophthora citricola
Phytophthora citrophthora
Phytophthora clandestina
Phytophthora colocasiae
Phytophthora cryptogea
Phytophthora drechslera
Phytophthora erythroseptica
Phytophthora fragariae
Phytophthora gonapodyides
Phytophthora heveae
Phytophthora humicola
Phytophthora idaei
Phytophthora ilicis
Phytophthora infestans
Phytophthora inflata
Phytophthora iranica
Phytophthora katsurae
Phytophthora lateralis
Phytophthora medicagnis
Phytophthora megakarya
Phytophthora megasperma
Phytophthora melonis
Phytophthora mirabilis
Phytophthora multivesiculata
Phytophthora nicotianae
Phytophthora palmivora
Phytophthora phaseoli
Phytophthora porri
Phytophthora primulae
Phytophthora pseudotsugae
Phytophthora quercina
Phytophthora ramorum
Phytophthora sinensis
Phytophthora sojae
Phytophthora syringae
Phytophthora tentaculata
Phytophthora trifolii
Phytophthora vignae

Phytophthora, (do grego phytón, "planta" e phthorá, "destrución"; "destrutor de plantas"), comunmente chamado fitóftora[1] é un xénero de protistas da clase Oomycetes que ocasionan pragas nas plantas. Heinrich Anton de Bary describiunos por vez primeira en 1875.

Patóxenos[editar | editar a fonte]

As especies de Phytophthora son principalmente patóxenos de dicotiledóneas e son relativamente específicas das plantas que parasitan. Varias especies son patóxenas de plantas de considerábel importancia económica. Phytophthora infestans foi o axente causante do mildio ou podremia da pataqueira que provocou a Gran Fame irlandesa entre 1845 e 1849 e que orixinou a masiva emigración de irlandeses aos Estados Unidos. As doenzas nas plantas orixinadas por este xénero son difíciles de controlar quimicamente, por iso coma estratexia contra elas estase a espallar a cultura de variedades resistentes.

Outras importantes doenzas producidas por Phytophthora son:

Semellanza cos fungos[editar | editar a fonte]

Phytophthora é referido algunhas veces coma un organismo fúnxico mais está clasificado entre os protistas no grupo denominado Oomicetes). Este é un bo exemplo da evolución converxente: Phytophthora é morfoloxicamente moi semellante aos fungos verdadeiros (Fungi) malia teren evolucionado bioloxicamente de xeito diferente. En contra dos fungos verdadeiros, os Oomicetes están máis relacionados coas plantas que cos animais. Mentres as paredes celulares dos fungos están principalmente compostas de quitina, as paredes celulares dos Oomicetes estano de celulosa. Os niveis de ploidía e os ciclos bioquímicos tamén son distintos entre estes dous grupos.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

O ciclo vital de Phytophthora.
Formacións reprodutivas en Phytophthora: A: Esporanxio. B: Zoóspora. C: Clamidóspora. D: Oóspora.

As fitóftoras pódense reproducir sexual ou asexualmente. As oósporas son formacións reprodutivas do tipo sexual. En moitas especies, as estruturas sexuais nunca foron olladas ou só foron en emparellamentos de laboratorio. Nas especies homotálicas (autofértiles), as estruturas sexuais prodúcense nun único cultivo. Nas especies heterotáicas, as cepas de apareamento desígnanse como A1 e A2. Durante o acoplamento, os anteridios introducen os gametos na oogonia, xa sexa pola introdución da oogonia no anteridio (anfixina), xa for polo achegamento do anteridio á metade proximal (inferior) da oogonia (paraxina) e a unión produce oósporas. Ao igual que os animais, mais non coma na maioría de fungos verdadeiros, a meiose é gamética e os núcleos somáticos son diploides.

Os órganos de reprodución asexual comprenden os esporanxios, zoósporas e clamidosporas. As clamidosporas son xeralmente esféricas e pigmentadas e poden ter unha parede celular grosa, que actúa coma unha estrutura da supervivencia. Os esporanxios poden ficar nas hifas (non caducos) ou ser propagados de xeito doado polo vento ou a auga (caducous), actuando coma estruturas de dispersión. Os esporanxios tamén poden ceibaren zoósporas, que presentan dous flaxelos disimilares que usan para nadar cara a unha planta hóspede.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Recomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  • Lucas, J.A. et al. (eds.) (1991) Phytophthora baseado nun simposio celebrado en Trinity College, Dublín, Irlanda, en setembro de 1989. British Mycological Society, Cambridge University Press, Cambridge, Reino Unido, ISBN 0-521-40080-5;
  • Erwin, Donald C. e Ribeiro, Olaf K. (1966) Phytophthora Diseases Worldwide American Phytopathological Society Press, St. Paul, Minnesota, ISBN 0-89054-212-0
  • Erwin, Donald C. (1983) Phytophthora: its biology, taxonomy, ecology, and pathology American Phytopathological Society Press, St. Paul, Minnesota, ISBN 0-89054-050-0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]