Petra Haden
(2005) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de outubro de 1971 Nova York |
| Educación | Crossroads School for Arts & Sciences (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Música |
| Ocupación | cantante, violinista, compositora |
| Período de actividade | 1992 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música pop |
| Instrumento | Violín e voz |
| Selo discográfico | True North Records (en) |
| Familia | |
| Pai | Charlie Haden |
| Irmáns | Tanya Haden Rachel Haden Josh Haden |
| Sitio web | petrahaden.com |
Petra Haden, nada en Nova York o 11 de outubro de 1971, é unha violinista estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formou parte de numerosas bandas ao longo da súa carreira, nas que se inclúen The Decemberists ou The Rentals. Ademais, contribuíu en gravacións e actuacións de grupos como Weezer, Foo Fighters, Beck, Mike Watt, Green Day ou Jimmy Eat World.
É filla do baixista de jazz Charlie Haden, quen tivo máis fillos ademais de Petra: Rachel Haden e Tanya Haden (con quen Petra forma The Haden Triplets) e o baixista Josh Haden.
Petra Haden fixo unha versión do disco de The Who titulado The Who Sell Out a capella. Tamén editou o seu único traballo en solitario, chamado Imaginaryland, en 1999, xusto antes de ser atropelada nos Ánxeles polo que tivo que retirarse da interpretación durante sete meses.