Talentmasters Studios, Nova York; IBC Studios, Pye Studios, De Lane Lea Studios, CBS Studios e Kingsway Studios, Londres; Gold Star Studios, Los Angeles
The Who Sell Out é o terceiro álbum da banda inglesa de rockThe Who, publicado o 15 de decembro de 1967 a través do selo Track Records no Reino Unido e de Decca Records nos Estados Unidos. É un álbum conceptual, formado como unha colección de cancións non relacionadas intercaladas con anuncios publicitarios e de servizo público falsos.[1] O disco pretende ser unha emisión da radio pirata Radio London. Parte da ironía do título estaba en que The Who facían anuncios publicitarios durante ese período da súa carreira, algúns dos cales aparecen como canións extra no CD remasterizado.
A edición do álbum foi seguida por preitos debido á mención de intereses comerciais reais nos falsos anuncios e nas portadas do disco, e polos creadores dos jingles reais (de Radio London), que reclamaron que The Who usounos sen permiso; os jingles foran producidos por PAMS Productions de Dallas, Texas, que crearon milleiros de jingles identificadores de emisoras nos anos 60 e 70. Foi a compañía de desodorizantes Odorono a que se ofendeu porque o produtor Chris Stamp lle fixo unha petición de patrocinio. "I Can See for Miles" foi publicada como sinxelo e chegou ao número 10 das listas do Reino Unido e dos Estados Unidos.
Todos os temas compostos por Pete Townshend, agás onde se indique.
Os jingles entre as cancións aparentemente non teñen título oficial e non están listados por ningures no álbum orixinal, aínda que si aparecen no libreto na remasterización de 1995.