Peter Christen Asbjørnsen
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de xaneiro de 1812 Christiania (Reino de Dinamarca e Noruega) |
| Morte | 6 de xaneiro de 1885 Christiania (Noruega) |
| Lugar de sepultura | Cemitério Vår Frelsers (pt) |
| Educación | Det Kongelige Frederiks Universitet Universidade de Oslo |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, silvicultor, escritor de literatura infantil, biólogo mariño, recompilador de contos fantásticos |
| Membro de | |
| Pseudónimo literario | Clemens Bonifacius |
| Compañeiro profesional | Jørgen Moe: Q72918319 |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Асбьёрнсен Петер Кристен) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia literaria (1929-1939), |
Peter Christen Asbjørnsen, nado en Oslo (daquela chamado Christiania) o 15 de xaneiro de 1812 e finado na mesma cidade o 6 de xaneiro de 1885, foi un poeta e naturalista noruegués. A súa obra contribuíu á rexeneración da lingua norueguesa e fixo importantes investigacións sobre ciencias naturais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Oslo pero estivo en contacto coa cultura rural e a tradición oral do seu país. Coñeceu a Jørgen Moe sendo un estudante e os dous viaxaron por toda Noruega para recoller e recompilar contos tradicionais, en 1841 comezaron a editalos nunha serie de folletos, nunha lingua escrita moi próxima á falada. A partir de 1850 dedicouse sobre todo ao estudo das ciencias naturais.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |