Peseta de 1937

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peseta de 1937 [1]
A/: cabeza feminina alegórica de Hispania cara á esquerda.

Lenda: REPVBLICA ESPAÑOLA.

R/: talo de videira e acio de uvas; valor facial; data no exergo.

A peseta de 1937 é a primeira moeda española co valor facial dunha peseta emitida con carácter fiduciario,​ é dicir, cuxo valor non se apoia no valor dun metal precioso, xa que as anteriores foran cuñadas en prata.[2]

A produción desta moeda, emitida unicamente en 1937, foi de 50 millóns de exemplares.[1]

Caracterización[editar | editar a fonte]

No seu anverso amósase unha aparece unha imaxe alegórica​ representada por unha muller nova con cabelo longo; non se trata da República, que noutras moedas adoita ir toucada co barrete frixio,[3][4] senón de Hispania. Á súa esquerda lese a lenda REPVBLICA ESPAÑOLA.[1]

O seu reverso está caracterizado por un talo e unha folla de vide, e un acio de uvas, xunto co valor facial da moeda (1 PESETA) e abaixo a data de 1937.[1]

Na tradición numismática e popular española, esta moeda comezou a coñecerse axiña como peseta rubia, en alusión á muller loira que nela se representa con cabelo dourado e en contraposición coa cor prateada das pesetas ata a época.[5] Tamén se dixo ironicamente que esta moeda representaba "os tres motivos de perdición do home": o diñeiro, as mulleres e o viño.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

En novembro de 1936, por mor da guerra civil, o Goberno da República Española trasladouse de Madrid a Valencia, do mesmo modo que o fixo o Consello do Banco de España e a dirección da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). As moedas dunha peseta de 1937 foron cuñadas sobre discos de latón elaborados anteriormente en Madrid, na denominada Factoría A​ da FNMT. A cuñaxe produciuse na Factoría C, establecida na cidade de Castelló de la Plana, que tamén producía billetes e material de guerra —había tamén unha Factoría B, en Valencia, dedicada só á impresión dos billetes—.[6][7]

O inicio da guerra civil levou consigo o acaparamento das moedas de prata en circulación por parte da poboación, debido a que o seu valor intrínseco superaba o seu valor nominal.​ Por outra banda, o níquel e o cobre eran necesarios como materia prima nas fábricas de munición, o que levou as autoridades republicanas a cuñar novas moedas de valores inferiores ou iguais a peseta nunha aliaxe ata daquela inédita: o latón.[4]

A emisión destas moedas decretouse o 19 de marzo de 1937, aínda que a súa distribución polo territorio foi moi lenta e desigual en función das circunstancias da guerra. Este modelo xa fora ensaiado polo Goberno da República en Madrid, e existen algunhas probas en ferro datadas xa en 1934, aínda que daquela non se chegara a poducir para a circulación.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]