Peixe lúa
Peixe lúa | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Peixe lúa no Nordsøen Oceanarium. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Datos insuficientes | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Mola mola' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Probabilidade de presenza do M. mola
|
O peixe lúa (Mola mola) é o peixe óseo máis pesado coñecido. Ten un peso medio de mil quilogramos. Habita en augas tropicais e temperadas arredor do mundo. Semella unha testa de peixe sen cola, e o seu corpo é aplanado polos laterais. Os peixes lúa poden ser tan altos coma longos cando estenden as súas aletas dorsais e ventrais.
Teñen unha dieta que consiste principalmente en medusas. Como esta dieta é pobre en nutrientes, consómenas en grandes cantidades para desenvolverse e manter a súa medida. As femias poñen máis ovos que calquera outro vertebrado coñecido. As crías semellan peixes globos, con grandes aletas pectorais, unha aleta caudal e espiñas corporais que non son típicas dos exemplares adultos.
Os peixes lúa adultos son vulnerables a poucos predadores naturais, pero os leóns mariños, as candorcas e os tiburóns cómenos. Entre os humanos, os peixes lúa son considerados unha exquisitez nalgunhas partes do mundo, coma no Xapón, Corea e Taiwán, pero na Unión Europea está prohibido vender a súa carne.[1] Os peixes lúa acotío quedan accidentalmente atrapados en redes, e tamén son vulnerables a mancarse ou morrer por causa de refugallos flotantes, como bolsas de plástico.
É un membro da orde dos tetraodontiformes, que inclúe ós peixes globo, ós peixes ourizo e ós peixes bésta, cos cales comparte moitos trazos comúns.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Official Journal of the European Union, ed. (22-07-1991). "Council Directive 91/493/EEC of 22 July 1991 laying down the health conditions for the production and the placing on the market of fishery products". Consultado o 29 de maio de 2007.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peixe lúa ![]() |
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Peixe lúa |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- FishBase reference (en inglés)
- Australian Museum (en inglés)
- Large Pelagics Research Lab (en inglés)