Campionato Nacional de Montaña (Portugal)
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Localización e Datas | |
País | Portugal |
Outro | |
Páxina web oficial | campeonatomontanha.com |
O Campionato Nacional de Montaña (en portugués: Campionato Nacional de Montanha, CNM) é a principal competición de carreiras de montaña en Portugal. Está organizada pola Federación Portuguesa de Automobilismo e Karting.
O campionato consiste en diversas probas nas que cada vehículo toma a saída individualmente para efectuar un mesmo percorrido até unha liña de chegada situada a unha altitude superior á da liña de partida. En cada proba xeralmente realízanse 3 subidas, sendo contabilizados os tempos das 2 mellores subidas para determinar a clasificación final.[1]
O CNM divídese en varias categorías e só as categorías C1 (vehículos de produción: Grupo N, Grupo A, Super 2000, Grupo R e GT's ) e C2 (vehículos de competición - Fórmulas e prototipos deportivos de ata 2000 cc) poden ser campións absolutos. Ademais destes, hai categorías C3 (Grupo X), C4 (Super Cars Ralicross), C5 (Vehículos con homologación FIA caducada) e C6 (Clásicos).[2]
A Subida á Falperra puntúa para o Campionato Europeo de Montaña mentres a Rampa da Covilhã ten puntuado para o Europeo e para a Copa Internacional de Montaña da FIA.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira "rampa" (subida) de montaña en Portugal disputouse o 10 de xuño de 1910 coa Rampa da Pimenteira, situada en Alcântara, cun percorrido de 1500 m e que foi gañada por Estevão de Oliveira Fernandes.[3] Desde esa data realizáronse por todo o país diversas probas do mesmo xénero, como a Rampa da Falperra disputada a partir de 1927.
En 1935 o Automóvel Club de Portugal organizou un campionato nacional de subidas que incluía as do Gradil, Santarém, Buçaco, Guimarães e do Cabo da Roca (disputada na estrada entre Colares e Cascais). Tamén ese ano realizouse en Madeira a 1ª proba automobilística organizada na Illa, coa colaboración técnica do ACP, a Rampa dos Barreiros.
En 1973 a Federación Portuguesa de Automobilismo e Karting entregou os títulos de Campión Nacional de Montaña-Turismo de Serie e Turismo Especial, algo que non volveu ocorrer ata o ano 2000, formando parte as subidas nese tempo do Campionato Nacional de Velocidade.
Desde 2014 o Campionato de Nacional de Montaña está composto por 8 probas.
Calendario 2020
[editar | editar a fonte]A seguinte táboa amosa o calendario programado nun inicio para o 2020. Con todo, a pandemia por coronavirus obrigou a modificalo, adiando as primeiras probas.
Mes | Proba | Organizador | Cidade |
---|---|---|---|
7-8 de marzo | Subida da Porca de Murça | CAMI | Murça |
21-22 de marzo | Subida PêQuêPê da Arrábida | Clube de Motorismo de Setúbal | Setúbal |
4-5 de abril | Subida da Penha | Demo Porto | Guimarães |
8-10 de maio | Subida de Boticas | Demo Porto | Boticas |
30-31 de maio | Subida da Covilhã / Serra da Estrela | CAMI | Covilhã |
4-5 de xullo | Subida de Santa Marta | Clube Automóvel da Régua | Santa Marta de Penaguião |
18-19 de xullo | Subida do Caramulo | Targa Club | Caramulo |
26-27 de setembro | Subida de Boticas | Demo Porto | Boticas |
Palmarés[4]
[editar | editar a fonte]Ano | Turismo de Serie | Turismo Especial |
---|---|---|
1973 | Bernardo Sá Nogueira | Francisco Fino |
Ano | Absoluto | |
2000 | Manuel Ferreira da Silva | |
Ano | Categoría 1 | Categoría 2 |
2001 | Manuel Ferreira da Silva | António Nogueira |
2002 | Manuel Ferreira da Silva | António Barros |
2003 | Manuel Ferreira da Silva | António Nogueira |
2004 | Manuel Ferreira da Silva | António Nogueira |
2005 | Manuel Ferreira da Silva | António Nogueira |
2006 | Manuel Ferreira da Silva | António Barros |
Ano | Absoluto | Categoría 1 |
2007 | Pedro Salvador | António Nogueira |
2008 | Pedro Salvador | António Nogueira |
2009 | Pedro Salvador | António Nogueira |
2010 | Paulo Ramalho | António Nogueira |
2011 | Paulo Ramalho | Joaquim Teixeira |
2012 | Pedro Salvador | Martine Pereira |
2013 | Tiago Reis | António Nogueira |
2014 | Pedro Castañón López | António Nogueira |
Ano | Absoluto | |
2015 | João Fonseca | |
2016 | Pedro Salvador | |
2017 | Rui Ramalho | |
2018 | Rui Ramalho | |
2019 | João Fonseca |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de abril de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2020.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de abril de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2020.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 27 de marzo de 2020.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de abril de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sítio oficial Arquivado 28 de marzo de 2020 en Wayback Machine. (en portugués).
- www.fpak.pt (en portugués).