Pedro Antonio Quiroga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1807 |
Morte | 7 de xaneiro de 1875 (67/68 anos) O Carballiño, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Eduardo Quiroga Pérez, José Quiroga Pérez de Deza |
Pedro Antonio Quiroga Hermida, nado en 1807 e finado no Carballiño o 7 de xaneiro de 1875, foi un fidalgo galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Herdou as casas fidalgas de Santa María de Oleiros, de San Tirso de Mabegondo (Abegondo), de Redondelle en San Xes da Peroxa e de Osebe en San Miguel de Lebosende (Leiro). Casou con María Asunción Pérez de Deza Pinal, que era dona da casas fidalgas de Banga (O Carballiño), de Corneda (O Irixo), de Cimadevida en San Xoán de Cabanelas (O Carballiño), e de Quintela en Santiago de Catasós (Lalín). Tiveron dous fillos: José e Eduardo. Foi nomeado Comisario provincial de Agricultura en Ourense en 1874.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rodríguez Paz 2019, p. 442-443.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Emilia Pardo Bazán (nora)
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Barros Guede, José (30/1/2009). "Familia y patrimonio de Emilia Pardo Bazán y de su marido José Quiroga (XXXIII)" La Opinión A Coruña (en castelán).
- Rodríguez Paz, Diego (2019). Dionisio Fierros (1827-1894): Un pintor para dos tierras (tese) (en castelán) 2. USC. pp. 442–443.