Pedrafita, Chantada
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pedrafita.
| Pedrafita | |
|---|---|
Igrexa de Santa Baia de Pedrafita. | |
| Concello | Chantada[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°39′19″N 7°45′38″O / 42.65519573, -7.76059848 |
| Área | 5,29 km² |
| Poboación | 74 hab. (2019) |
| Densidade | 13,99 hab./km² |
| Entidades de poboación | 8[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa Baia de Pedrafita é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 99 habitantes, deles 48 eran homes e 51 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 129 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santa Baia foi reedificada no século XIX. No lugar había un antigo mosteiro, onde se construíu a casa reitoral de estilo barroco. Entre os ríos Miño, Lama e Enviande está o castro Candaz, somerxido polo encoro de Belesar.
Amais da casa do Boán e a casa Forte de Sobrado, na parroquia tamén hai un pombal e un cruceiro, no lugar de Mosteiro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Tele Club.
- Conxunto da igrexa e a casa reitoral.
- Cruceiro e pombal.
- Peto de ánimas.
- Pedrafita.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Pedrafita
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Pedrafita no concello de Chantada (Lugo) | |
|---|---|
|
Enviande | A Lama | Mosteiro | Nandulfe | Paracostoira | Sobrado | A Touza | Xillán |