Mariz, Chantada
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mariz.
| Mariz | |
|---|---|
Igrexa de San Martiño de Mariz. | |
| Concello | Chantada[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°38′20″N 7°48′08″O / 42.63896883, -7.80219645 |
| Poboación | 139 hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 11[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Martiño de Mariz é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística[2] en 2016 tiña 155 habitantes (79 homes e 76 mulleres), 36 menos ca en 2007 (97 homes e 94 mulleres nese ano).
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Mariz ten orixe no antropónimo de orixe xermánica Malaricus a partir da forma en xenitivo.[3]
Cultura
[editar | editar a fonte]En Maríz naceu o poeta labrego Paco Ledo.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Martiño de Mariz, construída no século XII.
- Cruceiro de Mariz
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Mariz
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Mariz no concello de Chantada (Lugo) | |
|---|---|
|
Alemparte | A Barxa | Garabelos | Lamacamiño | Mariz | Outeiro | O Pacio | Penouzos | Pousada | Trasmariz | Vigo |
Parroquias de Chantada
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Nomenclátor de Galicia. Ano 2016. Chantada". Instituto Galego de Estatística. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 3 de marzo de 2017.
- ↑ Méndez, Luz; Navaza, Gonzalo (2004). "Xentilicios e nomes persoais na toponimia de Chantada". En R. Álvarez, F. Fernández Rei e A. Santamarina (eds.). A lingua galega: historia e actualidade 3. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega - Instituto da Lingua Galega. p. 528.