Santa Cruz de Viana, Chantada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa Cruz de Viana
Igrexa de Santa Cruz de Viana.
ConcelloChantada[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°34′41″N 7°51′01″O / 42.57816063, -7.85034872Coordenadas: 42°34′41″N 7°51′01″O / 42.57816063, -7.85034872
Área4,45 km²
Poboación56 hab. (2019)
Densidade12,58 hab./km²
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Cruz de Viana é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 83 habitantes distribuídos en 4,45 [2] km², segundo datos do INE[3] e do IGE[4], deles 40 eran homes e 43 eran mulleres. O que supón unha diminución respecto o ano 2007 que tiña 101 habitantes, deles 46 eran homes e 55 eran mulleres. En 2016 tiña 64 habitantes, 33 mulleres e 31 homes, segundo o INE.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo vén do latín Sancta Crux que fai referencia á invención da Vera Cruz nos tempos de Constantino. En 1244 figura como Sancta Cruce de Asma.

Viana ten unha orixe pouco clara. Pode ser unha palabra precelta con significado de monte. Pode estar relacionada co latín via ou cos antropónimos Veianus ou Vivianus[5].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Ao lado da igrexa parroquial está a capela do Corpo Santo, un suposto santo, Frei Miguel González.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Santa Cruz de Viana[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Santa Cruz de Viana no concello de Chantada (Lugo)

Burgás | Quintá | Santa Cruz | Viana | Vilame | Vilardamos

Parroquias de Chantada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Chantada

Adá (Santa Baia) | Arcos (Santa María) | Argozón (San Vicente) | Belesar (San Bartolomeu) | Bermún (Santa María) | Brigos (San Salvador) | Camporramiro (Santa María) | Chantada (Santa Mariña) | Esmeriz (Santa Mariña) | Esmoriz (San Xillao) | Fornas (San Cristovo) | A Grade (San Vicente) | A Laxe (San Xoán) | Líncora (San Pedro) | Mariz (San Martiño) | O Mato (San Xillao) | Merlán (San Tomé) | O Monte (San Miguel) | Mouricios (San Cristovo) | Muradelle (San Paio) | Nogueira de Miño (Santa María) | Pedrafita (Santa Baia) | Pereira (San Mamede) | Pesqueiras (Santa María) | Requeixo (Santiago) | Sabadelle (Santa María) | San Fiz de Asma (San Fiz) | San Pedro de Viana (San Pedro) | San Salvador de Asma (San Salvador) | San Xurxo de Asma (San Xurxo) | Santa Cruz de Viana (Santa Cruz) | Santa Uxía de Asma (Santa Uxía) | Santiago de Arriba (Santiago) | A Sariña (San Vicente) | Veiga (San Xoán) | Vilaúxe (San Salvador)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]