Esmeriz, Chantada
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Esmeriz.
| Esmeriz | |
|---|---|
Igrexa parroquial de Esmeriz | |
| Concello | Chantada[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°36′02″N 7°52′24″O / 42.60046086, -7.87324559 |
| Poboación | 24 hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 5[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa Mariña de Esmeriz é unha parroquia que se localiza na ladeira do monte Faro, no oeste do concello de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o INE en 2017 tiña 26 habitantes (once mulleres e quince homes), 21 menos ca en 2008 (26 homes e 21 mulleres nese ano) e 38 menos ca en 2000. Ten cinco entidades de poboación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Esmeriz ten orixe no antropónimo de orixe xermánica Ermericus a partir da forma en xenitivo.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santa Mariña de Esmeriz, construída na primeira metade do século XVIII, con reformas posteriores no frontis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Méndez, Luz; Navaza, Gonzalo (2004). "Xentilicios e nomes persoais na toponimia de Chantada". En R. Álvarez, F. Fernández Rei e A. Santamarina (eds.). A lingua galega: historia e actualidade 3. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega - Instituto da Lingua Galega. p. 527.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Esmeriz
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Esmeriz no concello de Chantada (Lugo) | |
|---|---|
|
A Pena | Penelas | Regoufe | Santa Mariña | O Vilar |