Didáctica
A Didáctica é a disciplina científico-pedagóxica que ten como obxecto de estudo os procesos e elementos existentes no ensino e a aprendizaxe. É, xa que logo, a parte da pedagoxía que se ocupa dos sistemas e métodos prácticos de ensino destinados a plasmar na realidade as directrices das teorías pedagóxicas.
Moi vinculada con outras disciplinas pedagóxicas como, por exemplo, a organización escolar e a orientación educativa, a didáctica pretende fundamentar e regular os procesos de ensino e aprendizaxe.
Os compoñentes que actúan no acto didáctico son:
- O docente ou profesor
- O discente ou alumno
- O contexto da aprendizaxe
- O currículo
O currículo é un sistema de vertebración dos procesos de ensino e aprendizaxe e ten fundamentalmente catro elementos constitutivos: Obxectivos, Contidos, Métodoloxía e Avaliación.
A didáctica pódese entender como pura técnica ou ciencia aplicada e como teoría ou ciencia básica da instrución, educación ou formación. Os diferentes modelos didácticos poden ser modelos teóricos (descritivos, explicativos, preditivos) ou modelos tecnolóxicos (prescriptivos, normativos)...
Modelos didácticos[editar | editar a fonte]
A historia da educación mostra a enorme variedade de modelos didácticos que existiron. A maioría dos modelos tradicionais centrábanse no profesorado e nos contidos(modelo proceso-produto). Os aspectos metodolóxicos, o contexto e, especialmente, o alumnado, quedaban nun segundo plano.
Como resposta ó verbalismo e ó abuso da memorización típica dos modelos tradicionais, os modelos activos (característicos da escola nova) buscan a comprensión e a creatividade, mediante o descubrimento e a experimentación. Estes modelos adoitan ter unha formulación máis científica e democrático e pretenden desenvolver as capacidades de autoformación. (modelo mediacional)
Actualmente, a aplicación das ciencias cognitivas á didáctica permitiu que os novos modelos didácticos sexan máis flexibles e abertos, e mostren a enorme complexidade e o dinamismo dos procesos de ensino-aprendizaxe.(modelo ecolóxico)
Cabe distinguir:
- Didáctica xeral, aplicable a calquera individuo, materia ou campo de intervención.
- Didáctica diferencial, que ten en conta as diferenzas na evolución e características do individuo.
- Didáctica especial ou específica, que estuda os métodos específicos de cada materia ou campo de intervención.
Unha situación de ensino pode ser observada a través das relacións que se xogan entre estes tres polos: mestre, alumno, saber, analizando:
- A distribución dos roles de cada un,
- O proxecto de cada un,
- As regras de xogo: que está permitido?, que é o que realmente se demanda, que se espera, que hai que facer ou dicir para demostrar que se sabe.
Moi esquematicamente descríbense tres modelos de referencia:
- 1. O modelo chamado "normativo, reprodutivo ou pasivo" (centrado no contido).
O ensino consiste en transmitir un saber aos alumnos. A pedagoxía é entón a arte de comunicar, de "facer pasar un saber".
- O mestre mostra as nocións, introdúceas, prové os exemplos.
- O alumno, en primeiro lugar, aprende, escoita, debe estar atento; logo imita, adéstrase, exercítase e ó final, aplica.
- O saber xa está acabado, xa esta construído.
- 2. O modelo chamado "incitativo, ou xerminal" (centrado no alumno).
- O mestre escoita ó alumno, sucinta a súa curiosidade, axúdalle a utilizar fontes de información, responde ás súas demandas, busca unha mellor motivación (medios centros de interese de Decroly, cálculo vivo de Freinet).
- O alumno busca, organiza, logo estuda, aprende (normalmente de xeito próximo ó que é o ensino programado).
- O saber está ligado ás necesidades da vida, da contorna (a estrutura propia dese saber pasa a un segundo plano).
- 3. O modelo chamado "aproximativo ou construtivo" (centrado na construción do saber polo alumno).
Proponse partir de modelos, de concepcións existentes no alumno e pólas a proba para melloralas, modificalas, ou construír novas.
- O mestre propón e organiza unha serie de situacións con distintos obstáculos (variables didácticas dentro destas situacións), organiza as diferentes fases (acción, formulación, validación, institucionalización), organiza a comunicación da clase, propón no momento adecuado os elementos convencionais do saber (notacións, terminoloxía).
- O alumno ensaia, busca, propón solucións, as confronta coas dos seus compañeiros, deféndeas ou as discute.
- O saber é considerado en lóxica propia.