Saltar ao contido

Patxi López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPatxi López

(2011) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Francisco Javier López Álvarez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Portugalete, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
3 de decembro de 2019 – 17 de agosto de 2023 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado no Congreso dos Deputados
13 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado no Congreso dos Deputados
7 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Biscaia

Presidente do Congreso dos Deputados
13 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016
← Jesús PosadaAna Pastor Julián →
Deputado no Congreso dos Deputados
11 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado do Parlamento do País Vasco
20 de novembro de 2012 – 19 de setembro de 2014 (dimisión)

Circunscrición electoral: Áraba

Lehendakari
7 de maio de 2009 – 13 de decembro de 2012
← Juan José IbarretxeIñigo Urkullu →
Deputado do Parlamento do País Vasco
3 de abril de 2009 – 28 de agosto de 2012 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado do Parlamento do País Vasco
16 de maio de 2005 – 6 de xaneiro de 2009 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Biscaia

Secretario Xeral Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra
23 de marzo de 2002 – 20 de setembro de 2014
← Nicolás Redondo TerrerosIdoia Mendia →
Deputado do Parlamento do País Vasco
8 de xuño de 2001 – 16 de maio de 2005 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado do Parlamento do País Vasco
25 de novembro de 1998 – 20 de marzo de 2001 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado do Parlamento do País Vasco
30 de novembro de 1994 – 1 de setembro de 1998 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado do Parlamento do País Vasco
15 de marzo de 1991 – 30 de agosto de 1994 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado no Congreso dos Deputados
26 de outubro de 1987 – 2 de setembro de 1989 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Biscaia

Datos persoais
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco - enxeñaría industrial (valor descoñecido–sen valor) Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español (1977–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeBegoña Gil Llanos Editar o valor en Wikidata
PaisEduardo López Albizu Editar o valor en Wikidata  e Begoña Álvarez Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webpatxilopez.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: PatxiLopez Twitter: patxilopez Editar o valor en Wikidata

Franscisco Javier López Álvarez, coñecido como Patxi López, nado en Portugalete o 4 de outubro de 1959, é un político vasco e secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE). Foi o lehendakari do goberno vasco dende o 5 de maio de 2009 ata decembro de 2012. Foi presidente da mesa do Congreso dos Deputados na XI Lexislatura.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia obreira e dende neno aleitou as ideas socialistas: o seu pai era o histórico dirixente do socialismo vasco Eduardo López Albizu "Lalo". Ingresou nas Mocidades Socialistas de Euskadi en 1975, sendo elixido Secretario Xeral en 1985, cargo que ocupa ata 1988. Ingresou no Partido Socialista de Euskadi en 1977, entrando a formar parte da súa Comisión Executiva en 1988. Foi elixido en 1986 Deputado por Biscaia no Congreso dos Deputados sendo un dos electos máis novos de España ata 1990. Asumiu a Secretaría de Organización do PSE en 1991, cargo do que dimite en 1995 para asumir a Secretaría Institucional dos Socialistas Biscaíños ata 1997. En outubro dese mesmo ano é elixido Secretario Xeral do PSE-EE de Biscaia, sendo reelixido en decembro de 2000.

Foi elixido Secretario Xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra PSE-EE o 23 de marzo de 2002. É membro do Comité Federal do PSOE e Deputado no Parlamento Vasco dende 1991, onde actualmente é o Presidente do Grupo Parlamentario "Socialistas Vascos - Euskal Sozialistak".

En outubro de 2007, xunto ao Presidente do Goberno Vasco, Juan José Ibarretxe, e ao dirixente socialista Rodolfo Ares, foille aberto xuízo oral polo Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, en contra da opinión do Ministerio Fiscal, acusado dun delito de desobediencia en virtude do establecido no artigo 556 do Código Penal, ao terse reunido o 6 de xullo de 2006, durante a tregua de ETA, coa organización ilegal Batasuna.

Lehendakari

[editar | editar a fonte]
Patxi López en plena campaña para as autonómicas vascas de 2009.

Nas eleccións ó Parlamento Vasco, celebradas o 1 de marzo de 2009, o Partido Socialista de Euskadi obtivo 25 escanos, sendo o segundo partido en votos e en escanos, por detrás do Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV) (30 escanos). O 26 de marzo de 2009, en contra do prometido en campaña electoral, o PSE-EE chegou a un acordo de investidura co Partido Popular, a terceira forza nas eleccións (que obtivera 13 parlamentarios). Entre ambos partidos sumaban 38 dos 75 escanos da cámara. Hai que ter en conta que a maioría formada por PSE-EE e PP non podería ter alcanzado maioría abondo para gobernar se a Esquerda Abertzale non tivera sido ilegalizada, xa que contabilizando o voto nulo PSE-EE e PP houberan quedado con 33 escanos. O pacto incluía a cesión da presidencia do Parlamento Vasco ó PP. O 5 de maio, Patxi López foi investido lehendakari,[1] co voto de PSE-EE, PP e UPyD, e o 7 de maio prometeu o cargo baixo o carballo de Gernika, utilizando unha fórmula distinta da que utilizaran os lehendakaris ata entón e que recitou tanto en castelán coma en éuscaro:

De pé en terra vasca, baixo a Árbore de Gernika, ante vós, representantes da cidadanía vasca, en recordo dos antepasados, prometo desde o respecto á Ley desempeñar fielmente o meu cargo de lehendakari.

En 2010 se deuse a coñecer que a organización terrorista ETA planeou o seu asasinato cun rifle de francotirador para forzar unha negociación co Goberno de España. Esa mesma organización desmentiu máis tarde eses plans, acusando ademais o goberno de mentir de maneira intencionada.[2]

O 13 de decembro de 2012, e tras volver a gañar o PNV as eleccións autonómicas, foi substituído na lehendakaritza por Iñigo Urkullu.


Predecesor:
Juan José Ibarretxe
 
Lehendakari
 
2009 - 2012
Sucesor:
Iñigo Urkullu
Predecesor:
Nicolás Redondo Terreros
 Secretario Xeral do PSE-EE-PSOE 
2002 - 2014
Sucesor:
Idoia Mendia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]