Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco
Tipotribunal superior de xustiza
Data de fundación1989
SedeBilbao
PaísEspaña
Na rede
https://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superiores-de-Justicia/TSJ-Pais-Vasco/
Dialnet: 3653366
editar datos en Wikidata ]
Palacio de Xustiza de Bilbao, sede do TSJPV.

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (en éuscaro: Euskal Autonomia Erkidegoko Auzitegi Nagusia, en castelán: Tribunal Superior de Justicia del País Vasco), abreviadamente TSJPV, é o máximo órgano do poder xudicial do País Vasco. Ten a súa sede no Palacio de Xustiza de Bilbao.

O actual presidente, dende 2010, é Juan Luis Ibarra Robles.

Historia[editar | editar a fonte]

O seu antecedente máis directo foron as antigas Audiencias Territoriais nadas en 1812. O actual Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco foi creado en 1985 a partir do artigo 26 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, constituíndose o 23 de maio de 1989.

Competencias[editar | editar a fonte]

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco é un órgano xurisdicional colexiado da administración de xustiza en España que culmina a organización xudicial no País Vasco en cuxo territorio exerce as funcións dentro do principio de unidade de todo o Estado, de conformidade co disposto no artigo 152 da Constitución española de 1978 e o Estatuto de Autonomía.

Ten competencia en materias civís, penais, contencioso-administrativas e sociais.

Organización[editar | editar a fonte]

O alto tribunal vasco divídese en cinco salas:

  • A Sala de Goberno
  • A Sala do Civil e Penal
  • A Sala do contencioso-administrativo
  • A Sala do social
  • A Sala Especial

Existe un Presidente do Tribunal Superior, un Presidente para cada unha das Salas, un Presidente para cada unha das seccións: civil, penal, social, contencioso-administrativo, así como un número variable de maxistrados en función do traballo do Tribunal. A provisión das prazas faise por concurso, sempre seguindo as normas xerais aplicables a todo o Estado.

A Sala de Goberno está formada polo presidente do Tribunal, os Presidentes das tres salas, os das Audiencias Provinciais de Guipúscoa, Áraba e Biscaia e seis maxistrados ou xuíces elixidos polas asociacións profesionais con implantación territorial no País Vasco. Non ten funcións xurisdicionais, senón de goberno e administración interna.

A Sala Especial trata as recusacións formuladas contra o Presidente, os Presidentes de Sala ou das Audiencias Provinciais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]