Rodolfo Ares
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Rodolfo Ares | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de xuño de 1954 |
Lugar de nacemento | Pena do Souto |
Falecemento | 26 de xaneiro de 2023 |
Lugar de falecemento | Bilbao |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Rodolfo Ares Taboada, nado en Pena do Souto (O Navallo, Riós)[1] o 25 de xuño de 1954 e finado en Bilbao[2] o 26 de xaneiro de 2023, foi un político vasco de orixe galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Viviu en Bilbao desde neno (barrio de Otxarkoaga), onde emigrou a súa familia. Estudou mestría industrial. En Bilbao entrou na UXT e o PSOE en 1977 e na que foi concelleiro entre 1983 e 1990. Dende 1994 foi deputado no Parlamento Vasco, foi tamén voceiro do grupo dos socialistas vascos (2000-2005).
Foi un dos participantes na delegación do PSE nas conversas, no Mosteiro de Loiola, entre EAJ-PNV, PSE-EE e Batasuna), durante o cesamento do fogo de ETA de 2006, facendo equipo de negociación co presidente da sección de éuscaro do PSOE, Jesús Eguiguren.[Cómpre referencia] Máis tarde, durante o período inmediatamente anterior ás eleccións municipais e provinciais, formou parte da delegación que se reuniu en Xenebra, in extremis, coas delegacións de ETA e Batasuna, coa axuda de observadores internacionais (o goberno suízo, Fundación Henry Dunant, os gobernos británicos e noruegués, e o Sinn Féin, entre outros). Ambos os procesos resultaron infrutuosos, resumidos na creba formal da tregua de ETA o 14 de xuño de 2007, co atentado na terminal 4 no Aeroporto de Madrid-Barajas, que ocasionou dúas vítimas mortais.[Cómpre referencia]
No VIII Congreso do PSE-EE, celebrado en 2014, deixou a secretaría de Organización e as responsabilidades políticas na primeira fila. Continuou porén vencellado ao partido, participou nas negociacións iniciais de formación de goberno de Pedro Sánchez, e nos comités electorais de 2019, mais abandonou finalmente o Parlamento Vasco e xubilouse da política.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Monchi Sánchez (28 de xuño de 2009). "Rodolfo Ares Taboada: Nunca pondré plazos al fin del terrorismo de ETA, pero será más pronto que tarde". La Región. Carácter control C1 en
|título=
na posición 23 (Axuda) - ↑ "Fallece Rodolfo Ares, exconsejero de Interior del Gobierno Vasco". EITB (en castelán). 2023-01-26. Consultado o 2023-01-26.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rodolfo Ares ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Luis Barbería (31 de maio de 2009). "El arte de ser imprescindible". El País (en castelán).