Pato de colar
Pato de colar | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Macho adulto. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Aythya collaris' (Donovan, 1809) |
O pato de colar (Aythya collaris), tamén coñecido como pato cristado americano ou parrulo cristado americano, é un paxaro anseriforme da familia dos anátidos.
Características[editar | editar a fonte]
Presenta un marcado dimorfismo sexual que se aprecia non só na coloración da plumaxe, senón tamén no seu talle e peso. Os machos son lixeiramente meirandes que as femias e seméllanse moito ós seus parentes, os patos cristados. Son aves mergulladoras e omnívoras que se alimentan de vermes, insectos, caracois, sementes e plantas acuáticas.
Distribución e costumes[editar | editar a fonte]
Cría en lagos e lagoas do norte dos Estados Unidos e o Canadá. Durante o inverno móvese cara o sur, ocupando lagos e zonas costeiras do oeste e sur dos Estados Unidos, México, o Caribe e América Central.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Aythya collaris femia.
-
Aythya collaris macho.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pato de colar |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Aythya collaris en Iucnredlist.org Arquivado 25 de setembro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)