Patela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peixeira portando unha patela sobre a cabeza. Homenaxe á Muller Traballadora, na Pobra do Caramiñal.

Unha patela[1] é unha cesta cadrada de bordo baixo feita con tiras de madeira. As peixeiras utilizaban este tipo de cestas para transportar e exhibi-lo peixe[2].

Fabricación[editar | editar a fonte]

Elabórase coa técnica de tecido plano empregando tiras de madeira de castiñeiro. A boca remátase dobrando a urda e reforzándoa con dúas varas que van cosidas mediante unha tira en espiral. Leva dous buratos confeccionados a modo de asas[2].

A patela na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

A peixeira é unha das figuras máis representativas da cultura mariñeira de Galicia, aparece case sempre representada cunha patela sobre a cabeza, sendo o elemento que mellor as define. Hai diversas esculturas por todo Galicia onde podemos contemplar figuras de peixeiras portando patelas. De igual xeito, nas latas de conserva de Rianxeira[3] e A Churrusquiña[4] aparece representada unha peixeira cunha patela na cabeza.

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • Cesta patela, arrumba máis que leva[5].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para patela.
  2. 2,0 2,1 Cesto (patela). Museo del Traje. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España.
  3. "Logotipo de Rianxeira". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 03 de xullo de 2016. 
  4. Lata de xoubas A Churrusquiña.
  5. Boletín nº 72 - Folk-lore. Adagios populares Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (1913). Boletín da Real Academia Galega.