Saltar ao contido

Parque Nacional do Teide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Parque nacional do Teide»)
Modelo:Xeografía físicaParque Nacional do Teide
(es) Parque Nacional del Teide Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoespazo natural protexido
Parque Nacional de España Editar o valor en Wikidata
Parte deRede de Parques Nacionais de España Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas Canarias, España e Provincia de Santa Cruz de Tenerife, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 28°16′35″N 16°38′34″O / 28.2765, -16.6427
Composto por
Características
Altitude2.278 m Editar o valor en Wikidata
Superficie189,9 km²
18.824,6115 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → Europa-América do Norte
Data2007 (31ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii) e (viii) Editar o valor en Wikidata
Identificador1258
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 389013 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación22 de xaneiro de 1954 e 1954 Editar o valor en Wikidata

Páxina webmiteco.gob.es… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX456420

O Parque Nacional do Teide ocupa a zona máis alta da illa de Tenerife, nas Canarias. Declarado o 22 de xaneiro de 1954 como parque nacional,[1] é o máis grande e antigo dos parques nacionais das Illas Canarias, e un dos máis antigos de España. En 2007 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e tamén desde ese ano o Parque Nacional do Teide é considerado como un dos 12 Tesouros de España.[2]

Nesta zona atópase o volcán do Teide que cos seus 3.718 metros, é o pico máis alto das Canarias, de España e de calquera terra emerxida do océano Atlántico. É ademais, o terceiro volcán máis grande do mundo desde a súa base, só superado polo Mauna Loa e o Mauna Kea en Hawai. Xunto ao Teide atópase a segunda montaña máis alta do Arquipélago Canario, o Pico Viejo con 3.135 metros sobre o nivel do mar, sendo ambos as únicas montañas canarias que exceden os 3.000 metros de altitude.

O Parque Nacional do Teide, foi en 2008 o Parque nacional máis visitado dos catro cos que contan as Illas Canarias cun total de 2,8 millóns de visitantes, segundo datos do Instituto Canario de Estatística (ISTAC), sendo ademais o Parque Nacional máis visitado de España, o máis visitado de Europa e o segundo do mundo con 3.142.148 visitantes en 2007.[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Decreto de 22 de xaneiro de 1954. Arquivado 12 de decembro de 2007 en Wayback Machine. BOE nº 35, de 4 de febreiro de 1954
  2. 12 Tesouros de España
  3. "O Teide, o parque máis visitado de Europa e o segundo do mundo". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2010. Consultado o 04 de marzo de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]