Bardenas Reales
Bardenas Reales | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque natural | ||
Ano de constitución: | 1999 | ||
Superficie: | 41.840 hectáreas | ||
Lexislación: | Lei Foral 10/1999, de 6 de abril | ||
Datos de interese | |||
País: | España | ||
Provincias: | Navarra Zaragoza | ||
Concellos: | Carcastillo, Mélida, Santacara, Murillo el Cuende, Caparroso, Villafranca, Cadreita, Valtierra, Arguedas, Tudela, Cabanillas, Fustiñana, Buñuel, Tauste, Ejea de los Caballeros, Sádaba | ||
Ríos: | Ebro | ||
Picos | |||
Direccións de interese: | Centro de Visitantes. Entrada dende la NA-134, km. 15,1.Estrada do Polígono de Tiro, km. 6 | ||
Teléfonos: | 948 830308 |
As Bardenas Reales de Navarra son unha paraxe natural semidesértica dunhas 42.000 ten que se estende polo sueste de Navarra (España). Os seus chans son de arxilas, xesos e arenitas e foron erosionados pola auga e o vento creando formas sorprendentes nas que destacan os barrancos, as mesetas de estrutura tabular e os outeiros solitarios, chamados cabezos.
As Bardenas carecen de núcleos urbanos, a súa vexetación é moi escasa e as múltiples correntes de auga que sucan o territorio teñen un caudal marcadamente irregular, permanecendo secos a maior parte do ano. A altitude oscila entre os 280 e os 659 msnm. As Bardenas sitúanse nun punto equidistante entre a cordilleira pirenaica e a ibérica. As Bardenas Reales, antiga posesión real, non forman parte de ningún termo municipal e son propiedade da Comunidade Foral de Navarra. Vinte e dous municipios e entidades (os «congozantes») forman a Comunidade de Bardenas Reales, unha entidade de Dereito Público encargada do aproveitamento da paraxe.
Na actualidade, a maior parte das Bardenas Reales encóntranse protexidas dende o ano 1999 mediante a figura dun parque natural de 39.274 ha. Anteriormente, en 1986, dúas paraxes das Bardenas, o Rincón del Bú e as Caídas de la Negra, foran declaradas reservas naturais. Dende o 7 de novembro de 2000 o conxunto foi declarado Reserva da Biosfera.
Descrición do parque
[editar | editar a fonte]Este parque natural tamén contén no seu interior unha reserva da biosfera, feita oficial no ano 2000. As paisaxes son de tipo desértico e estepario dando lugar a formacións xeolóxicas de grande interese.
Preto do parque, mais fóra dos seus límites oficiais, o río Ebro presenta boas forestas de ribeira. Para conservalas declaráronse varias figuras de protección: dúas reservas naturais, Soto de la Remonta de 44 ha e o Soto del Ramalete de 50 ha, e dous enclaves naturais, Sotos de Traslapuente de 26ha e Sotos de Murillo de las Limas de 93 ha. Nestas zonas a presenza de aves limícolas e acuáticas é salientábel.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]A vexetación máis importante está representada polas gramíneas (coma o Lygeum spartum) e o sotobosque de tipo leñoso, coma por exemplo a Herba alba, Salsola vermiculata e Ononis tridentata.
As aves son o grupo de fauna de maior relevancia. Existen bos exemplos de aves esteparias: ganga, cortizol común, calandra real e a laverca E de aves rapaces coma o voitre branco, voitre leonado, a gatafornela e a aguia real.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bardenas Reales |