Saltar ao contido

Meloufa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Voitre branco»)
Meloufa
Neophron percnopterus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
N. percnopterus Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
Características
 Fonte de alimentación
 Conservación
Especie en perigo
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeAccipitriformes
FamiliaAccipitridae
XéneroNeophron
EspecieNeophron percnopterus Editar o valor en Wikidata
(Linnaeus, 1758) Neophron percnopterus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
Envergadura1,676 m Editar o valor en Wikidata
Tamaño da niñada2 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período de incubación
42 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/019mn6 Editar o valor en Wikidata
ITIS175481 Editar o valor en Wikidata
UICN22695180 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Neophron percnopterus

A meloufa,[1] ás veces voitre branco[2] (Neophron percnopterus) é unha ave da familia dos accipítridos, (do mesmo xeito que outros voitres), da que é o representante con menor envergadura (sobre 150 cm).

Denominación

[editar | editar a fonte]

A denominación meloufa é a forma estandarizada pola Real Academia Galega[1]. Foi recollida como forma popular en Vilar de Silva (Pardollán, Rubiá) por M. A. Conde Teira e posiblemente está relacionada coas denominacións milopa e milocha, rexistradas no Levante.[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os xuvenís son pardos, mentres que os adultos (a partir dos 5 anos de idade) caracterízanse pola súa testa e poutas amarelas, corpo branco, ás brancas con extremos grises e negros e cola branca e ancha. Miden 85 centímetros da punta do peteiro á da cola, tendo unha envergadura de 1,7 metros e un peso medio de dous quilos ou pouco máis.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Os voitres voan normalmente en solitario, aínda que ás veces seguen a outros conxéneres ou ata a voitres doutras especies e corvos. Habitan na Península Ibérica, África e o suroeste de Asia ata a India. En España, o voitre branco é normalmente un visitante estival, aínda que existen poboacións sedentarias nas illas de Menorca, Mallorca, Lanzarote e Fuerteventura.

Este voitre adoita ser un dos derradeiros animais en probar a carnaza da que se alimenta. Cando outras especies maiores xa remataron con case toda a carne, o voitre branco acode para engulir as poucas peles e restos de carne que quedan pegados aos ósos. Complementa a súa dieta con insectos e pequenos animais, así como todo tipo de desfeitos e feces animais. Tamén engole ovos, que casca levantándoos co peteiro e guindándoos contra as rochas. En África, os voitres brancos logran romper a grosa casca dos ovos de avestruz tomando unha pedra e guindándoa repetidamente ata que a casca cede, sendo este un dos poucos casos de uso de ferramentas no mundo animal. Os voitres brancos tamén son visitantes habituais dos vertedoiros, onde se alimentan de lixo humano.

Adoitan aniñar en covas situadas sobre cantís e vales recortados, onde poñen dous ovos entre marzo e abril nun niño forrado de pelos de animal (é común o uso de lá de ovella), pólas e ósos. Transportan estes materiais co peteiro, ao contrario que o resto de voitres, que o fan suxeitándoos coas súas poutas. O uso intensivo de pesticidas pode reducir a posta a un só ovo, coma aconteceu en varias zonas de España e Portugal onde hoxe en día atópase en declive.

  1. 1 2 "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  3. Cerradelo Gómez, Silverio (03-2011). "meloufa". Paspallás. Boletín divulgativo da Sociedade Galega de Historia Natural 49: 17.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]