Parque Nacional dos Lagos de Plitvice
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Parque Nacional dos Lagos de Plitvice | |
---|---|
![]() Lago do parque | |
Plitvice lakes.JPG Vista dos lagos | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 44°52′50″N 15°36′58″L / 44.88056, -15.61611 |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, VIII, IX |
Inscrición | 1979 (3ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 98 |
O parque nacional dos Lagos de Plitvice é o máis famoso dos parques nacionais croatas.
Localización e características[editar | editar a fonte]
Está situado na rexión de Lika, a 44.85° N 15.62° cerca da fronteira con Bosnia Herzegovina unha paraxe onde se alternan lagos, cascadas e mananciais. Esta rexión foi declarada Parque Nacional no ano 1949, e catalogada no Patrimonio da Humanidade UNESCO no 1970, cunha ampliación no 2000.
O Parque ten unha superficie próxima ás 30.000 hectáreas, 22.000 delas cubertas de bosques. A zona aberta ao público atópase no centro do parque, son 8 km² de val poboado de bosques, onde a hidrografía conformou unha paisaxe formada por 16 lagos de diferentes alturas comunicados entre eles por cascadas e cataratas. A vexetación está composta por faias nun 90%.
A visita realízase a pé a través de sendeiros e pontes de madeira, os lagos máis grandes son percorridos por barcas. É tamén moi usual entre os turistas a celebración de vodas no pé das cataratas.
Xeoloxía[editar | editar a fonte]
As augas, atravesando as rochas dolomíticas, disolven a rocha calcaria que é depositada formando barreiras que separan os diferentes lagos, construíndo covas e cavernas, e formando saltos de auga.
Os lagos son alimentados polo río Negro (Crna Rijeka) e o río Branco (Bijela rijeka), e subdivídense en lagos superiores e lagos inferiores.
Lagos superiores[editar | editar a fonte]
Os principais lagos superiores son:
- Kozjak (81,5 ha)
- Prošćansko (68 ha)
- Galovac (12,5 ha)
- radinsko (8,1 ha)
- Ciginovac (7,5 ha)
- Okrugljak veliko (4,1 ha)
- Veliki Jovinovac - Veliko Jezero (2 ha)
- Mali Jovinovac - Malo Jezero (2 hа)
- Batinovac (1,5 ha)
- Veliki Burget (0,6 hа)
- Vir (0,6 ha)
- Milino jezero
Lagos inferiores[editar | editar a fonte]
Os principais lagos inferiores son:
- Milanovac (3,2 ha)
- Kaluđerovac (2,1)
- Gavanovac (0,7 hа)
- Novakovića-brod (0,4 ha)
Flora e fauna[editar | editar a fonte]
O parque nacional é moi boscoso, principalmente cuberto por faias, abetos e piñeiros. A vexetación mestura a habitual das montañas dos Alpes con aquela máis propia do clima mediterráneo. A área conta cunha enorme variedade de especies animais. A máis salientábel é o oso pardo, o lobo, o lince boreal ou a pita do monte. Téñense citado ata 126 especies de aves, das cales 70 crían no parque.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional dos Lagos de Plitvice ![]() |