Parque Nacional Huascarán
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
| (es) Parque nacional Huascarán | ||||
| Tipo | national park of Peru (en) | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Huascarán Biosphere Reserve (en) | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Ancash, Perú | |||
| ||||
| Características | ||||
| Superficie | 3.400 km² Patrimonio da Humanidade: 340.000 ha | |||
| Patrimonio da Humanidade | ||||
| Tipo | Patrimonio natural → América Latina-Caribe | |||
| Data | 1985 (9ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii) e (viii) | |||
| Identificador | 333 | |||
| Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
| Reserva da biosfera | ||||
| Identificador | Entrada: unesco.org… | |||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 1 de xullo de 1975 | |||
| Actividade | ||||
| Operador | Peruvian Service for Natural Protected Areas (en) | |||
| Sitio web | inrena.gob.pe… | |||
O Parque Nacional de Huascarán é un parque da Cordillera Blanca, nos Andes, na serra central do Perú, no Callejón de Huaylas, pertencente á rexión Ancash. O parque, que cobre unha área de 3400 km², foi fundado o 1 de xullo de 1975.
Historia
[editar | editar a fonte]O parque foi declarado Patrimonio Mundial da Unesco en 1985, estando incluído antes como núcleo da Reserva da Biosfera da Humanidade en 1977. A súa protección foi primeiramente arranxada polo goberno peruano, para salvagardar a flora e fauna, as formacións xeolóxicas, restos arqueolóxicos (incluíndo reliquias da cultura chavín), motivando a investigación científica dos recursos naturais e culturais.
O Parque Nacional de Huascarán é casa de montañas cuxa altura varía entre os 2000 e os 6000 metros. Huascarán, a montaña que dá nome ao parque, é o pico máis alto do Perú, con 6768 metros. Nos 3400 km² do parque hai 663 glaciares, 296 lagoas (Llanganuco, Parón) e 41 afluentes de tres ríos importantes: o Santa, Pativilca e Marañón.
Localízase entre a Cordilleira Branca e a Cordilleira negra e posúe cumes de entre 4.000 e 6.768 metros de altura, o que converte a este lugar nunha das cadeas montañosas máis altas do mundo.
O Huascarán, localizado na provincia de Yungay de 6.768 msnm, é a cima máis alta do Perú, cuxo topónimo provén da lingua quechua que significa "Cadea de montañas". Dá o seu nome a este parque no que se erguen sobre os glaciares numerosos cumios, entre os que destacan os nevados de Alpamayo, Chopicalqui, Shapraraju, Pishqo, Huandoy e a Pirámide.
Este parque é o hábitat do Puya raimondii, do puma, do xaguar, do lama, do guanaco, do cervo do pantanal, do tapir brasileiro, do Phlogophilus harterti, unha especie de colibrí, e moitas especies de patos, incluíndo o Netta erythrophthalma.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima está marcado por dúas etapas durante o ano. Este depende de dous grandes factores: os ventos húmidos e temperados provenientes da conca amazónica, que xeran abundantes chuvias durante os meses de decembro a marzo; e unha marcada estación seca, entre maio e outubro, con días soleados que alcanzan os 25 °C e noites de intenso frío nas que son frecuentes as xeadas e temperaturas inferiores aos 0 °C.
Flora
[editar | editar a fonte]Defínense sete áreas diferentes que conteñen unha gran variedade de microclimas. Iso configura unha gran diversidade de vexetación. Detectáronse 779 especies altoandinas, que abranguen 340 xéneros e 104 familias.
Nesta variedade vexetal a familia das bromeliáceas está representada pola Puya (Puya raimondii), unha especie que se caracteriza por ter a inflorescencia máis grande que se coñece en todo o planeta. Tamén hai bosques de queñual (Polylepis spp.) e abundantes gramíneas .
Fauna
[editar | editar a fonte]
Canda a esta variedade vexetal existen moitas especies de fauna aínda non inventariada nin suficientemente estudada. Algúns datos apuntan á existencia de 112 especies de aves de 33 familias, como por exemplo o cóndor andino (Vultur gryphus), o pato dos torrentes (Merganetta armata), e a perdiz de puna (Tinamotis pentlandii), entre outras.
Hai oito xéneros de dez especies distintas de mamíferos. Entre as especies ameazadas encontramos o gato montés (Oncifelis colocolo), o gato andino (Orailurus jacobita), o oso de anteollos (Tremarctos ornatus), o huemul do norte (Hippocamelus antisensis) e a vicuña (Vicugna vicugna)
