Huascarán
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Tipo | montaña ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Andes ![]() | |||
Localizado na área protexida | Parque Nacional Huascarán ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Ancash, Perú ![]() | |||
| ||||
Cordilleira | Cordilheira Branca (pt) ![]() ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 6.768 m ![]() | |||
Prominencia topográfica | 2.776 m ![]() | |||
Illamento topográfico | 2.207,48 km ![]() | |||
Material usado | granito ![]() | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Paleóxeno ![]() | |||
O Huascarán, con 6768 metros[1], é a cima máis alta do Perú e a cuarta maior da América do Sur. Está situada na Cordillera Blanca, nos Andes centrais peruanos, na provincia de Yungay.
É característica a súa dupla cima: a máis elevada, Huascarán Sur (6768 m) está separada polo colado da Garganta do Huascarán Norte, de 6655 metros.
A montaña e o territorio circundante están incluídos no Parque Nacional de Huascarán, declarado Patrimonio da Humanidade en 1985[2].
Étimo
[editar | editar a fonte]O seu nome procede do quechua waskha (cadea) e ran (pedras ou montañas rochosas). Huascarán significa, entón, cadea de montañas.[Cómpre referencia] Hai, ademais, diversas lendas acerca da orixe do nome Huascarán, pero a máis verosímil conta que «o inca Huayna Cápac ao pasar por Yungay deulle o nome do seu fillo primoxénito, Huáscar, á montaña máis alta e fermosa», porque Huascarán tamén se pode interpretar como «A montaña de Huáscar».[Cómpre referencia]
Historia
[editar | editar a fonte]A cima norte foi alcanzada en 1908 por unha expedición norteamericana, da que formaba parte Annie Smith Peck.[3]
A primeira ascensión ao Huascarán Sur rexistrada foi realizada o 20 de xullo de 1932, por unha expedición xermano-austríaca, encabezada por H. Bernhard, E. Hein, H. Hoerlin e E. Schneider.[4]
O 10 de xaneiro de 1962 rexistrouse un alude iniciado no pico norte do Huascarán. Desapareceron 4 000 habitantes e varias poboacións foron criticamente danadas: Ranrahirca, Shacsha, Huarascucho, Yanama Chico, Armapampa e Uchucoto.[5]
O 31 de maio de 1970, un gran terremoto provocou o desprendemento dunha enorme cantidade de xeo, neve e rochas desde a cima norte, causando o sepultamento da cidade de Yungay[5], a morte de máis de 20 000 persoas e a desolación de boa parte dos arredores.
Desde xullo ata setembro de 1979, o alpinista e médico Nicolas Jaeger viviu 60 días, só, a 6 700 m de altura, xusto nas proximidades da cima do Huascarán, para estudar os efectos da hipoxia no seu propio organismo.[6] Como resultado da experiencia realizouse a película Operación Supervivencia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "Huascarán National Park.". whc.unesco.org (en inglés). Consultado o 2018-06-28.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "Huascarán National Park. Advisory Bodies Evaluations". whc.unesco.org (en inglés). Consultado o 2018-06-28.
- ↑ "Annie Smith Peck : American mountain climber". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2018-06-28.
- ↑ Ricker,, John ((1981 printing)). Yuraq Janka : guide to the Peruvian Andes (en inglés). Banff: Alpine Club of Canada. p. 83. ISBN 093041005X. OCLC 3767297.
- ↑ 5,0 5,1 "Aludes en la provincia de Yungay" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28-06-2018. Consultado o 2018-06-28.
- ↑ "Nicolas Jaeger au pays de l'oxygène rare". Le Monde.fr (en francés). Consultado o 2018-06-28.