Foron os meirandes mamíferos terrestres de tódolos tempos, cunha altura de cinco metros e medio na cruz[3] e de sete metros e medio na testa, e oito metros de lonxitude (sen contar a cola). As estimacións do peso dos paraceraterios varían, mais oscilan arredor das quince toneladas.[4] Os paraceraterios, ó ser ceratomorfos, están relacionados cos rinocerontes actuais. Porén, a diferenza do rinoceronte branco, alimentábanse arrincando as follas das árbores. Tampouco tiñan cornos.[5] Os animais deste xénero apareceron en Asia central durante a primeira metade do período Oligoceno, hai aproximadamente trinta millóns de anos, e extinguíronse a mediados do período Mioceno, hai 16,6 millóns de anos.[5]
↑Forster Cooper, C. (1911). "Paraceratherium bugtiense, a new genus of Rhinocerotidae from Bugti Hill of Baluchistan -preliminary notice.". Ann. Magazine of Natural History8 (8): 711–716.
↑Encarta, Microsoft (2007). "Mammal". Entrada da Encarta. Microsoft Corpotation. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2008. Consultado o 30 de abril de 2008.