Pan Celtic Festival
O "Pan Celtic Festival" (en galego: festival das nacións celtas) é un festival de música de linguas celtas feito anualmente na semana despois das Pascuas. O primeiro festival tivo lugar en Killarney, Condado Kerry, Irlanda en 1971. A súa finalidade é promover as linguas celtas modernas e as culturas e a artistas das nacións de herdanza celta.
Cada nación participante fai un proceso de selección nacional propio para escoller os seus representantes no festival. A nación máis exitosa é Gales con catorce vitorias, Irlanda no segundo lugar con once vitorias. Bénjad, quen representou a Cornwall en 2012 e 2013, foi o primeiro artista na historia ter gañado o festival dúas veces. A Illa de Man é a nación menos exitosa, cunha soa vitoria no 2014.
Orixes e historia[editar | editar a fonte]
Nascido en Killarney, Condado Kerry, Irlanda, o festival foi organizado como festival de música de primavera, para promover a cultura e as linguas celtas. Calote O'Connaill titulouno orixinalmente como "Gŵyl Gerdd Bach" (en galés: "festival da música pequena"). En maio de 1971, o primeiro festival tivo lugar en Killarney; con artistas chegados dende o Gales (Phyllis e Meredydd Evans), a Irlanda (Scoil na Toirbhirte) e a Bretaña (Les Tregerez Group e Alan Stivell).[1]
Neste primeiro festival Meredydd Evans coñeceu o organizador, Ó Connaill, e convidoulle ao Eisteddfod, unha festividade moi popular en Galés. No Eisteddfod, Ó Connaill coñeceu a membros doutras nacións celtas, e formou un comité para o festival celta multinacional. No seguinte festival xa participaron artistas de seis nacións celtas: a Bretaña (Breizh), a Cornualla (Kernow), o Gales (Cymru), aEscocia (Alba), a Irlanda (Éire) e a Illa de Man (Mannin) feito por segunda vez en Killarney, en 1972. Durante este festival os participantes acordaron as normas e a estrutura para celebrares o festival cada ano. Estes normas básicas son promover as linguas, a cultura e música tradicional celta dos territorios recoñecidos como nacións celtas.[1]
Participación[editar | editar a fonte]
Para competir no festival compre ser recoñecido como unha nación celta. As nacións celtas son territorios de Europa que tiveron un pasado celta e manteñen ou ben unha lingua de orixe celta (o galés, por exemplo) ou ben trazos culturais de orixe celta (o tríscele como elemento decorativo ou o uso da gaita).[2] Dentro da Liga Celta a palabra nación ou país é utilizada no seu sentido orixinal, é dicir unha comunidade de persoas que comparten unha identidade é unha cultura común e que moran nun territorio dende tempos innumerábeis. Non é, polo tanto, sinónimo de "estado soberano".[1]
Nación[1] | Nome tradicional | Ano de debut |
---|---|---|
Bretaña | Breizh | 1971 |
Cornualla | Kernow | 1972 |
Irlanda | Éire | 1971 |
![]() |
Mannin | 1972 |
![]() |
Alba | 1972 |
![]() |
Cymru | 1971 |
- Nacións celtas elixibles para participares máis que inda non fixeron o seu debut.
Nación [3] | Nome tradicional |
---|---|
![]() |
Asturies |
![]() |
Galiza |
Anfitrións de festival[editar | editar a fonte]
Os festivais son celebrados dende 1971 en varias cidades de Irlanda.[1] A continuación hai unha lista das cidades anfitrioas e os seus anos respectivos de hospedaxe.
Festivais | Condado irlandés | Localización | Anos |
---|---|---|---|
29 | Condado de Kerry | Killarney | 1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1976, 1977, 1978, 1979, 1980,1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990 |
Tralee | 1995, 1996, 1998, 1999, 2000, 2004, 2005 | ||
Dingle | 2010, 2011 | ||
4 | Condado de Galway | Galway | 1991, 1992, 1993, 1994 |
Condado de Donegal | Letterkenny | 2006, 2007, 2018, 2019 | |
Donegal | 2008, 2009 | ||
Condado de Carlow | Carlow | 2012, 2013, 2016, 2017 | |
2 | Condado de Kilkenny | Kilkenny | 2002, 2003 |
Condado de Londonderry | Derry | 2014, 2015 | |
1 | Condado de Clare | Ennis | 1997 |
A táboa a continuación mostra as nacións gañadoras do festival e os anos en que gañaron. O Gales é a nación máis exitosa, con quince vitorias. A Illa de Man é a menos exitosa conseguindo sómente gañar en 2014. A Galiza e asAsturies non aparecen por non teren feito o seu debut.
Vitoria[1] | Nación | Anos |
---|---|---|
15 | Gales | 1974, 1975, 1982, 1987, 1988, 1989, 1994, 1995, 1998, 1999, 2002, 2003, 2009, 2011, 2016 |
11 | Irlanda | 1971, 1973, 1974, 1980, 1992, 1993, 1997, 2007, 2008, 2017, 2018, 2019 |
10 | Cornwall | 1984, 1991, 1996, 2000, 2004, 2005, 2006, 2012, 2013, 2015 |
8 | Escocia | 1972, 1976, 1979, 1981, 1983, 1985, 1990, 2010 |
3 | Bretaña | 1977, 1978, 1986 |
1 | Illa de Man | 2014 |
0 | Galiza | n/d |
0 | Asturies | n/d |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 http://www.gwylbangeltaidd.com/eng/hanes.html. Consultado o 10 de abril de 2015. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ . 2005. pp. xx, 300, 421, 495, 512, 583, 985. ISBN 978-1-85109-440-0 https://books.google.com/books?id=f899xH_quaMC&q=celtic+nation. Falta o
|title=
(Axuda) - ↑ Silva, Candela Valle (2015-04-13). "Galicia: la nación celta más desconocida". Wall Street International (en castelán). Consultado o 2021-12-31.