Tralee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tralee
Trá Lí
Tralee coa.gif
Lema: Vis Unita Fortior
Croppy boy.jpg
1798 Pikeman Monument
Provincia Munster
Condado condado de Kerry
Poboación 22,744 hab.
Altitude 37 metros
Páxina web www.tralee.ie
Localización de Tralee na Irlanda
52° 16' 03" N 09° 41' 46" O
Cidade da República de Irlanda Flag of Ireland.svg

Tralee [1](Trá Lí en irlandés), é a capital do Condado de Kerry, en Irlanda, situada ao suroeste da illa. Segundo o censo de 2006, contaba con 22.556 habitantes. Foi fundada polos anglo-normandos no século XII. Atópase a uns 90 km ao noroeste da cidade de Cork. É un centro turístico e industrial, unido ao mar por medio dunha canle. A cidade está emprazada na baía de Tralee, con vistas ao mar e ás montañas que se estenden cara eo Oeste.

Roger Casement (1864-1916), funcionario consular británico, foi capturado en 1916 no forte de McKenna, un terraplén na baía de Tralee, cando desembarcou alí logo de ter tentado obter axuda dos alemáns polos nacionalistas irlandeses na Primeira Guerra Mundial. Foi executado por traizón en Londres.

Toma o seu nome do Río Lee, que desemboca na baía de Tralee. A cidade posúe numerosos monumentos que constitúen a testemuña dos seus máis de oito séculos de historia, coma o Kerry The Kingdom Museum, igrexa de Saint John, o Town Park, o Siamsa Tíre Theatre onde se realizan importantes espectáculos de folclore irlandés. A finais de Agosto, celébrase na cidade o "Rose of Tralee Festival", que é un dos máis importantes de Irlanda no cal participan chicas das comunidades irlandesas de todo o mundo.

Tralee é famosa sen dúbida en toda a illa por albergar o festival "Rose of Tralee", que ten lugar a finais de Agosto, onde se encontran singulares bandas, baile e a elección da "rosa" da rexión, un bonito concurso de beleza para as rapazas da zona.

O maior atractivo da cidade é o County Kerry Museum, cun bonito parque temático "Kerry, o reino". En Tralee tamén se encontra o teatro Folclórico "Siamsa Tire", en honra ao mellor embaixador da cultura irlandesa. Durante o Verán se celebran representacións de danza e cancións populares.

Á saída de Tralee atópase o "Blennerville Windmill", o meirande muíño do país que aínda segue en funcionamento dende a súa construción en 1800. Un bonito e pintoresco ferrocarril de vapor une Blennerville e Tralee.

Tralee ademais constitúe a porta de entrada á Península Dingle, un dos lugares máis fermosos da illa.

A través deste recuncho de Irlanda adoitaban establecerse os principais canles de comunicación coa Europa Continental. O Condado de Kerry coñécese coma o "Reino" pola súa tradición independentista e a súa rivalidade cos dublineses. Por outra banda, é a cidade máis hospitalaria de Irlanda, orgullosa de posuír na súa rexión algunhas das paisaxes máis fermosas e espectaculares de Éire.

Á cidade pódese chegar en tren ou autobús dende Cork ou Dublín. Existe tamén un aeroporto no condado, o Aeroporto de Kerry, onde principalmente operan as compañías Ryanair e AerArann. Tamén se encontra preto o Aeroporto de Cork.

Ademais a cidade de Tralee posúe o seu propio porto, o Fenit Harbour. O seu obxectivo principal é prestar servizos portuarios de frota pesqueira e dispón de instalacións de manipulación de carga industrial. O porto ofrece numerosos atraques para embarcacións de case tódolos tamaños.

A Rosa de Tralee[editar | editar a fonte]

Si hai un acontecemento especial e importante en Irlanda, é o que sucede cada Agosto na cidade de Tralee, onde cada ano e dende 1959 elíxese á Rosa de entre a comunidade irlandesa de todo o mundo. As candidatas non só deben posuír beleza física senón tamén outras calidades, polo que resulta ser algo máis que un concurso de beleza. O Festival de Tralee inclúe feiras, cabalgadas e concertos e non é só un acontecemento social senón tamén un moi popular, con dous programas de TV na cadea RTÉ nacional que mostrará as "calidades" das candidatas, cuxa Rosa será elixida para representar a beleza nacional, ou descendente dela.

Clima[editar | editar a fonte]

As temperaturas máis baixas acádanse nos meses de Decembro e Xaneiro, onde as máximas apenas acadan os 10 °C e as mínimas non baixan dos 5 °C, mentres que os Veráns son moi suaves durante os meses de Xullo e Agosto, con máximas de 18 °C e mínimas de 13 °C. En Inverno a neve non é frecuente, a excepción dos cumios das montañas do Condado de Kerry, ao suroeste, que superan os 1.000 metros de altura. É tradición subir ao Carrantuohill, a máis alta (1.040 metros), mais hai que informarse das condicións meteorolóxicas, xa que houbo accidentes a causa de bruscos trocos do tempo. Nas costas suroccidentais, batidas por temporais, hai paisaxes de encanto. David Lean rodou alí, en 1970, A filla de Ryan. O realizador contactou co servizo meteorolóxico para que lle avisaran da chegada dunha potente borrasca que empregou nunhas arriscadas escenas e chegou a exasperar ao seu equipo: Estiveron encerrados 12 días esperando que parase de chover para rodar un plano de 7 segundos.

Educación[editar | editar a fonte]

O Institute of Technology, Tralee (ITT), é o principal centro de ensino de terceiro nivel situado en Tralee. Conta con dous campus (North Campus) situado en Dromtacker e o (South Campus) situado en Clash. Conta aproximadamente cuns 3.500 estudantes. Ofrece unha ampla gama de cursos e programas coma o Certificado Superior, Licenciaturas e programas de doutoramento. O North Campus é un dos edificios máis futurísticos de Tralee. Está en servizo dende 1977.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]