L.A.R. Legido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
L.A.R. Legido
Luis Alberto Rodríguez Legido.jpg
LAR Legido. Concerto na illa de San Simón, ano 2016
Nacemento23 de xuño de 1975
 Castromonte
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico
editar datos en Wikidata ]

Luis Alberto Rodríguez Legido, nado en Castromonte (provincia de Valladolid) o 23 de xuño de 1975, é músico, investigador sonoro e profesor de batería español. Dá clases de expresión rítmica e improvisación na Escola-Estudio de Música, en Santiago de Compostela.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a década de 1990 formouse en Madrid no Taller de Músicos e no CEDI, onde realiza estudios sobre análise do son, fisioloxía do oído, orixe da linguaxe, arte e ciencia do século XX e teoría da improvisación con profesores e artistas como Pedro López, Markus Breuss, Belma Muñor e Wade Matthews.

A partir de 1998 trasládase a Santiago de Compostela a raíz dunha oferta estábel como profesor titular da Estudio-Escola de Música. Ese ano recibe unha bolsa da Berkelee College of Music de Boston para facer o curso de World Percussion e é selecionado para o X Jazz Meeting organizado pola International Association of Schools of Jazz.

Nos anos posteriores traballa con diversas formacións como ADN, S.E.M Big Band, Abe Rábade Trío ou Xosé Manuel Budiño, realizando numerosos concertos en diversos festivais estatais e europeos. Traballa como batería para a artista galega Mercedes Peón realizando concertos tanto a nivel nacional como internacional. En 1999 forma o grupo de improvisación libre Parto.

Segue a participar en gran cantidade de iniciativas artísticas: traballa a improvisación idiomática co trío de jazz Sumrrá, co que ten editado dous traballos discográficos e colaborado con formacións como Marful, co grupo flamenco do guitarrista Marcos Teira, o grupo de improvisación e jazz 2M xunto ao saxofón alto Pablo Sax ou como membro de O.M.E.GA (Orquestra de Música Espontánea de Galicia)[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. LAR Legido na web de Escola Estudio (en castelán).
  2. LAR Legido, en Aquófono (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ron, Xesús e Valera, Patxi (eds.) (2011): De Parto a Omega. 10 anos de improvisación libre. Santiago de Compostela, Grupo Chévere.