Pablo Otero
Pablo Otero | |
---|---|
Nacemento | 1970 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Vigo |
Ocupación | ilustrador, escritor e artista visual |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pablo Otero "Peixe", nado en Ourense en 1970, é un escritor, ilustrador e pintor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Participou nos 11 primeiros números da revista Golfiño[1].
Ilustrou obras de autores galegos, como Cidades (Xerais, 1997), de Fran Alonso; Rato Pincho (Galaxia, 2004), de Gloria Sánchez; Deseñadora de hora en hora (Tambre, 2004), de Xoán Babarro; así como de escritores estranxeiros, como O Príncipe das Sombras de Milan Vukotic ou Contos por palabras de Gianni Rodari. Así mesmo, escribiu e ilustrou obras propias, tales como Parece unha formiga (Kalandraka, 2019)[2].
Expuxo a súa obra en múltiples galerías galegas[3], como por exemplo no Museo de Pontevedra[4].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha en Tebeosfera (en castelán).
- ↑ Listaxe de obras en LG3.
- ↑ Ficha Arquivado 27 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. en 5ovejasnegras.com (en castelán).
- ↑ Atrapados en la mirada del naúfrago, La Voz de Galicia, 23 de xullo de 2015 (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Listaxe de obras, mcu.es (en castelán).