Pablo Daniel Osvaldo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Osvaldo
Información persoal
Nome Pablo Daniel Osvaldo
Nacemento 12 de xaneiro de 1986 (38 anos)
Lugar de nacemento Lanús
Altura 1,82 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Roma
Número 9
Carreira xuvenil
1995–1999 Lanús
1999–2000 Banfield
2000–2005 Huracán
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005 Huracán 33 (11)
2006 Atalanta 3 (1)
2006–2007 Lecce 31 (18)
2007–2009 Fiorentina 21 (5)
2009–2010 Bologna 25 (3)
2010Espanyol (cedido) 20 (7)
2010–2011 Espanyol 24 (13)
2011– Roma 15 (7)
Selección nacional
2007–2008 Italia sub-21 12 (2)
2011– Italia 2 (0)
Na rede
Twitter: danistone25 FIFA: 298667 UEFA: 1905807 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Pablo Daniel Osvaldo, nado en Buenos Aires o 12 de xaneiro de 1986, é un futbolista arxentino nacionalizado italiano. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o AS Roma.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Este dianteiro criado na Arxentina pero que alcanzou a súa madurez futbolística no fútbol italiano alcanzou notoriedade na última data da tempada pasada,[cando?] xa que cun gol seu de chilena clasificou á Fiorentina para a Liga de Campións.

No seu país de orixe xogou nas divisións inferiores de Lanús e Banfield, ata chegar a Huracán, onde finalmente debutou na segunda división do fútbol da Arxentina.

Desde alí chegou ao Atalanta e posteriormente tivo un paso fugaz polo Lecce ata chegar á Fiorentina, totalizando 24 goles en 47 encontros entre todos eles en Italia.[1]

Posteriormente, recalou no Bolonia FC ata que foi cedido ao RCD Espanyol en xaneiro de 2010.

Co RCD Espanyol tenia unha opción de compra próxima aos cinco millóns de euros, que podía executar antes do 30 de xuño de 2010 no caso de que o rendemento do dianteiro fose satisfactorio nos meses de competición que restaban. Ao non conseguir facer a fichaxe o Espanyol, este conseguiu a súa cesión por outra tempada. Con todo, o día 31 de agosto de 2010 o RCD Espanyol fixo efectivo o pago dos 5 millóns para facerse en propiedade do xogador, asinando un contrato por 5 anos.[Cómpre referencia]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos oficiais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Serie B Atalanta BC Italia 2005-06

Outros campionatos oficiais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa Cataluña RCD Espanyol España 2010

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Título Club Lugar Ano
Trofeo Ciutat de Barcelona RCD Espanyol España 2010
Trofeo Ramón de Carranza RCD Espanyol España 2010

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]