Saltar ao contido

Atalanta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atalanta
Imaxe
 Instancia de
 Semellante a
Atalante (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
 Representado por
Atalanta (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Biografía
 Sexo
Familia
 Nai
Clímene (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Pai
Iasus (en) Traducir
Maenalus (en) Traducir
Esqueneu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Cónxuxe
Hipomene (pt) Traducir
Melanion (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Parella
 Fillo/a
Identificadores
VIAF25489909 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/095lj Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Atalanta é unha personaxe da mitoloxía grega. Existen dúas versións sobre a súa historia. Na versión arcadiana, é filla de Iasos, rei do Peloponeso. Como Iasos desexaba un home, enfureceuse cando soubo que tivera unha filla e decidiu expor a acabada de nacer no bosque Pelión para que morrese. Mais, unha osa apiadouse da criatura e protexeuna até que uns pastores a recolleron para criala. Cos anos, Atalanta chegou a ser unha magnífica cazadora e distinguiuse especialmente na cacería do xabaril de Calidón. Como Artemisa, deusa tamén cazadora, Atalanta fixo voto de virxindade, de modo que polas súas frechas pereceron os centauros Hileo e Reco que intentaran abusar dela. Foi a única muller que formou parte da expedición dos argonautas.

Atalanta e Hipomenes, de Guido Reni.

Na versión beocia, Atalanta é filla do rei Xoeneo. O seu pai quería casala, mais ela desexaba permanecer virxe, polo que argallou un plan para evitar o matrimonio: só tomaría como esposo aquel que conseguise vencela nunha carreira pedestre, e os que intentasen a proba e fracasasen serían executados. Así morreron moitos pretendentes. Non obstante, un día apareceu o mozo Hipomenes disposto a conseguir a man da princesa grazas á axuda de Afrodita. A deusa obséquiao coas tres mazás de ouro que Heracles roubara no xardín das Hespérides. Durante a carreira, Atalanta adiantou a Hipomenes en tres ocasións pero, en cada unha delas, o rapaz lanzaba unha das mazás por diante da súa opoñente que, chea de curiosidade, se agachaba para recollelas e era adiantada polo seu rival. Despois deste episodio, os recentemente casados cometeron un sacrilexio no templo de Démeter, que os transformou en leóns e os xunguiu ó seu carro. Son os leóns da fonte da Cibeles en Madrid.