Saltar ao contido

Píldora dourada americana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Píldora dourada americana
Pluvialis dominica
Philipp Ludwig Statius Müller 1776 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
P. dominica Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Combinación orixinal
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaCharadriidae
XéneroPluvialis
EspeciePluvialis dominica Editar o valor en Wikidata
(P.L.S. Müller, 1776) Pluvialis dominica Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
 Envergadura
   0,62 m Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   4 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01rss2 Editar o valor en Wikidata
ITIS176564 Editar o valor en Wikidata
OTT57823 Editar o valor en Wikidata
UICN22693740 Editar o valor en Wikidata
CoL4KKPW Editar o valor en Wikidata
EOL45509152 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A píldora dourada americana[1][2] (Pluvialis dominica) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Charadriidae.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]
Pluvialis dominica a punto de iniciar o voo.
Nótese a cor escura da plumaxe na zona posterior das axilas.

É unha ave de mediano tamaño cun peso de 122-194 gramos, unha lonxitude de 23 a 30 cm e unha envergadura alar de entre 45,7 e 66 cm.[3] É moi semellante ás outras dúas especies de píldoras de Eurasia e do Pacífico. A píldora dourada americana é máis pequena, máis delgada e ten as patas lixeiramente máis longas cá píldora dourada europea -Pluvialis apricaria-, que tamén se diferencia por ter as plumas axilares de cor branca. É moi semellante á píldora dourada siberiana -Pluvialis fulva- que noutros tempos eran consideradas da mesma especie.[4] A píldora dourada siberiana é mais delgada cá especie americana, ten un peteiro mais curto, as patas mais longas e a cor da súa plumaxe é polo xeral mais amarelo na súa parte posterior. Durante a tempada reprodutora estas tres especies amosan un marcado dimorfismo estacional no que amosan unha plumaxe moi parecida: partes inferiores negras e rostro negro abeirado de branco, cun moteado amarelo no dorso e na parte superior das ás.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntanse, xeralmente guiadas pola súa aguda vista, de insectos, vermes, crustáceos e outros invertebrados. Para buscar o seu alimento frecuentan as pradarías, as praias e as chairas intermareais. Durante a época de cría tamén se alimentan de bagas na tundra ártica.[3]

Hábitat e reprodución

[editar | editar a fonte]
Niño descuberto con catro ovos.

Cría nas áreas secas da tundra ártica e inverna nas costas, marxais e, ás veces, en pradarías. Emigra a grandes distancias co potente voo das súas afiadas ás.

O hábitat reprodutivo da píldora dourada americana é a tundra ártica do norte do Canadá e Alasca. Fan os eu niño no chan, nunha zona aberta e enxoita. Son unha especie migratoria que pasa o inverno boreal no Uruguai, o sur do Brasil, sueste de Paraguai e norte da Arxentina.[5] Para isto seguen unha ruta de migración elíptica; as aves en voo cara ao norte pasan a través de América Central entre os meses de xaneiro e abril[6] e fan unha escala para alimentarse e descansar no interior dos Estados Unidos, nos estados de Indiana e Illinois.[7] No outono boreal, toman unha ruta mais ao leste, voando principalmente sobre a marxe oeste do océano Atlántico e do mar Caribe ás zonas de invernada nas chairas do curso medio e baixo dos ríos Paraná e Uruguai. É bastante habitual observar exemplares divagantes desta especie no oeste de Europa.[3]

Unha comparación das datas e padróns migratorios conduce á conclusión de que os mazaricos esquimós e as píldoras douradas americanas foron as aves costeiras que probablemente chamaron a atención de Cristovo Colón sobre da proximidade á terra firme na súa primeira viaxe en 1492, despois de 65 días no mar.[8]

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia]. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  3. 1 2 3 Cussen, Amber. "Animal Diversity Web". Pluvialis dominica - American golden plover. Consultado o 13 de febreiro de 2018.
  4. Reviewed in Sangster et al. (2002).
  5. The Cornell Lab of Ornithology. "All about birds". American Golden-Plover. Consultado o 13 de febreiro de 2018.
  6. Strewe & Navarro (2004), Herrera et al. (2006)
  7. Michael P., Ward; Thomas J., Benson; Tara A., Beveroth; Tyson R., Dallas; Jill L., Deppe; Mark G., Alessi; Benjamin J., O’Neal; Kirk W., Stodola (12 de febreiro de 2014). "Stopover ecology of American Golden-Plovers ( Pluvialis dominica )in Midwestern agricultural fields". The Condor 116: 162–172. doi:10.1650/CONDOR-13-114.1.
  8. J.B. Gollop, T.W. Barry, & E.H. Iversen (1986). "Eskimo Curlew - A vanishing species? : The Eskimo Curlew's Year - Introduction to Oceanic Migration". Nature Saskatchewan & United States Geological Survey. Arquivado dende o orixinal o 20 de septembro de 2008. Consultado o 22 de decembro de 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]