Pedrafita, Guitiriz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedrafita
Igrexa de San Mamede de Pedrafita.
ConcelloGuitiriz[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°08′07″N 7°45′59″O / 43.13527778, -7.76638889Coordenadas: 43°08′07″N 7°45′59″O / 43.13527778, -7.76638889
Área13,7 km²
Poboación141 hab. (2020)
Densidade10,29 hab./km²
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

San Mamede de Pedrafita é unha parroquia de Guitiriz pertencente ó arciprestado de Parga. O seu nome vén do latín petra fictus, que significa pedra cravada.

Segundo o IGE en 2012 tiña 152 habitantes dos cales eran 82 homes e 70 mulleres censados en 14 grupos de poboación. En 1991 eran 215 as persoas censadas cunha densidade media de 15,7 hab/km². Esta parroquia prestou tres quendas na presentación do beneficio parroquial: á casa de Friol, á casa de Miraz e á casa de Trasmonte.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada a uns 30 quilómetros ao oeste da cidade de Lugo. Ten unha superficie de 13,7 km². Limita ao norte coa parroquia de Bóveda, ao sur con Santalla de Pena (Begonte) e Trasmonte (Friol), ao leste co Castro e San Vicente de Pena (Begonte), e ao oeste con San Breixo e Santa Locaia de Parga.

Pola parroquia pasa o río Ameneiro.

Economía e socio-política[editar | editar a fonte]

O tamaño medio da explotación de vacún no ano 1993 foi de 7,07 cabezas por explotación. O número de cabezas por km² no ano 1993 foi de 21,68.

O número de vivendas familiares no ano 1991 foi de 75 (69 vivendas principais, 3 secundarias e 3 deshabitadas).

No pasado as Minas do Medo e a Mina de Pena da Moura formaban parte da parroquia de Pedrafita. Na súa primeira época, o Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes explotaba o ferro extraído destas minas. Posteriormente manufacturábase na ferraría da granxa Constantín, construída polos monxes cistercienses na Graña (Begonte).[2][3][4] Este ferro forxábase para a fabricación de ferramentas tanto para uso propio do mosteiro como para os campesiños.[5]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Restos megalíticos[editar | editar a fonte]

Na parroquia hai restos da cultura megalítica, como as seguintes medorras:

  • Medorra do Campanario, nos Corredoiros[6]
  • Medorra do Carballino, no Pereiro (43º 8' 57" N, 7º 46' 3" O)[7]
  • Medorra da Gándara, na Pena dos Diñeiros (43º 09' 09" N, 7º 45' 8" O)[7]
  • Medorra de Por riba do aro, en O Bailouro (43º 09' 09" N, 7º 45' 8" O)[7]
  • Medorra da Reguiña, na Lavandeira (43º 08' 44" N, 7º 46' 30" O)[7]

Igrexa parroquial[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial está sita no lugar (ou barrio) dos Corredoiros. É un edificio de estilo románico tardío, que incluíndo o seu cemiterio abrangue 780 m².

Séculos atrás foi unha ermida adicada a San Bartolomeu, pasando a converterse no templo parroquial. Para iso, construíuse unha capela rectangular maior e reconstruíuse a fachada con cachotería de gran sinxeleza. Unha porta alintelada, unha xanela cuadrangular, e no cumio unha cruz como única ornamentación do templo. Os canteiros encargados desta reconstrución concluíron que a fachada non sería quen de soportar o peso do campanario, polo que quedou sito nunha torreciña no lado contrario da estrada, a 35 metros de distancia da igrexa.

No interior atópase un retablo maior do século XVII coas figuras de san Mamede, san Ramón Nonato e A Nosa Señora do Rosario do século XVIII. A pía bautismal de granito conta cun adorno dun serafín na barriga do século XVII. Conserva de orixe seis canzorros de trazado xeométrico, seis medallóns esculpidos no soporte de vigas na ábsida e o arco interior da porta lateral.

Anos atrás había un cruceiro diante da igrexa parroquial que foi roubado cando se construíu a actual estrada. En decembro de 2007 o concello de Guitiriz doou á parroquia un cruceiro novo, que se situou diante da porta principal da igrexa.

Capela de Rego do Ameneiro[editar | editar a fonte]

En Rego do Ameneiro hai unha capela de propiedade particular que conta cun retablo popular renacentista do século XVIII. De construción rectangular, conta cun cuberto. Trátase dunha construción sinxela sen cruz nin campanario, o teito é de lousa e o interior de madeira con trabes vistas. Nela atópanse unha figura da Virxe do Carme e dúas figuras máis pequenas de Antonio de Padua e san Ramón nonato. Esta capela formaba parte da Casa de Montenegro, no século XVIII chamada Casa de Rego do Ameneiro.[8]

Fontes[editar | editar a fonte]

Na parroquia abundan as fontes, como as seguintes:

  • Fonte da Lavandeira, do Seixo (en Ximarás).
  • Fonte do Pereiro (no Pereiro).
  • Fonte de Porta-ribeira (nos Corredoiros).
  • Fonte do Roxedoiro (no Abeledo).

Festas[editar | editar a fonte]

As festas patronais son na honra a San Roque. Celébranse anualmente a segunda fin de semana do mes de agosto. A súa duración é dunha fin de semana. Nelas hai actuacións musicais, misas polo patrón San Roque e fogos pirotécnicos.

Ata os anos 90 os sábados e domingos de festa había competicións deportivas en forma de partidos de fútbol, tanto contra equipos doutras parroquias como entre solteiros e casados da propia parroquia. Como campo de xogo usábase algún prado apto que cedía algún veciño para o evento. Na actualidade xa non se compite con equipos doutras parroquias, e debido á pouca xente nova que queda na parroquia os partidos xa non son solteiros contra casados, senón que son mesturados.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Pedrafita[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Pedrafita no concello de Guitiriz (Lugo)

O Abeledo | Cabanarril | O Carballedo | Os Corredoiros | Lavandeira | O Navallo | O Outeiro | A Pena dos Diñeiros | Penas de Gulfe | O Pereiro | Rego do Ameneiro | Romariz | Tomboliño | Vieiro | Ximarás


Parroquias de Guitiriz[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Guitiriz

Becín (San Xiao) | O Buriz (San Pedro) | Labrada (Santa María) | Lagostelle (San Xoán) | Mariz (Santa Eulalia) | As Negradas (San Vicenzo) | Parga (Santo Estevo) | Pedrafita (San Mamede) | Pígara (San Pedro) | Roca (San Xiao) | San Breixo de Parga (San Breixo) | San Salvador de Parga (San Salvador) | Santa Cruz de Parga (Santa Cruz) | Santa Locaia de Parga (Santa Locaia) | Santa Mariña de Lagostelle (Santa Mariña) | Trasparga (Santiago) | Vilar (Santa María) | Os Vilares (San Vicenzo)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Pallares Méndez, María del Carmen; Portela, Ermelindo (2000). "El complejo minerometalúrgico de la granja cisterciense de Constantín. Bases para el desarrollo de una investigación en arqueología medieval". Arqueología y Territorio Medieval (7). ISSN 1134-3184. 
  3. "El complejo minerometalúrgico de la granja cisterciense de Constantín". Arqueología y Territorio Medieval Universidad de Jaén. ISSN 2386-5423. Consultado o 2021-04-21. 
  4. Portela Silva, Ermelindo; Pallares Méndez, María del Carmen. "Os mosteiros, protagonistas da colonización e do proceso de señorialización na Galicia medieval: o exemplo do mosteiro de Sobrado". Consultado o 2021-04-24. 
  5. "Concello de Sobrado dos Monxes | Historia". Concello de Sobrado dos Monxes. Consultado o 2021-04-24. 
  6. Xunta de Galicia (12 de xullo de 1991). "Diario Oficial de Galicia número 133" (PDF). Consultado o 2015-06-15. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Gay Méndez, Aurora (1995). O Concello de Guitiriz. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo. ISBN 84-8192-045-2. 
  8. "Montenegro do Rego do Ameneiro". xenealoxia.org - Investigando a historia familiar en Galicia. Consultado o 2022-06-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]