Antón Cancelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antón Cancelas
Nacemento1955
 Vigo
Falecemento9 de xaneiro de 2021
 Vigo
Ocupaciónactor de dobraxe
editar datos en Wikidata ]

Antón Cancelas, nado en Vigo en 1955, e finado ibídemo 9 de xaneiro de 2021,[1] foi un actor de dobraxe galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a traballar en dobraxe en 1986,[1] nos inicios da TVG, e foi a voz de J.R. na serie de televisión Dallas, sendo esta a primeira serie que emitiu a canle na súa historia.[2] Ao longo dunha carreira de máis de 30 anos puxo a voz en galego de numerosos personaxes de cinema e televisión, sendo a voz habitual de Clint Eastwood, Jack Nicholson, Arnold Schwarzenegger ou Anthony Hopkins, e traballou na dobraxe da saga de Harry Potter ou As bólas máxicas.[3]

A frase A rañala, raparigo[4][5] pronunciada por Cancelas en Terminator 2: O xuízo final nunha escena na que Terminator acaba co T-1000, está considerada como a frase máis popular da historia da dobraxe en galego da TVG.[6] Na versión orixinal (inglés) a frase é: Hasta la vista, baby.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 CRTVG (ed.). "Morreu Antón Cancelas, un mestre da dobraxe e a voz de J. R. en 'Dallas'". Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  2. "G25". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2010. Consultado o 28 de agosto de 2010. 
  3. "Adiós a Antón Cancelas, el gallego que le dijo a Sue Ellen: «Estás bébeda»". La Voz de Galicia. 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  4. "A rañala raparigo". Consultado o 2019-06-15. 
  5. Redacción (10 de xaneiro de 2021). "Muere Antón Cancelas, popular doblador gallego que puso voz a Clint Eastwood o Terminator". elespanol.com (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  6. P., E. (30 de maio de 2010). "'Vai rañala raparigo' de 'Terminator', premio a la mejor frase de la historia del doblaje de TVG". El Correo Gallego. Consultado o 1 de xullo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]