Orquestra Simfònica del Gran Teatre del Liceu
A Orquestra Simfònica del Gran Teatre del Liceu (en galego: Orquestra Sinfónica do Gran Teatro do Liceo) é unha orquestra sinfónica catalá con sede no Gran Teatre del Liceu de Barcelona. A Directora Xeral do teatro é Rosa Cullell, o Director Artístico é Joan Matabosch, e o Director Musical é Michael Boder. Pertence á Asociación Española de Orquestas Sinfónicas (AEOS). O seu primeiro director titular foi Marià Obiols e actualmente é Josep Pons que otenta este cargo.
Historia
[editar | editar a fonte]A Orquestra Simfònica del Gran Teatre del Liceu foi fundada, coma o teatro, en 1847 (e continuando a orquestra do teatro que a Sociedade Filharmónica do Liceu fundara en 1837 no Teatre de Montsió, predecesor do actual teatro) e é a orquestra sinfónica máis antiga das que aínda funcionan no estado español, tendo actuado de xeito ininterrompido dende aquela.
Directores e actuacións
[editar | editar a fonte]Na súa longa historia foi dirixida por grandes directores convitados, como Albert Coates, Antal Doráti, Karl Elmendorff, Franco Faccio, Manuel de Falla, Alexander Glazunov, Josef Keilberth, Erich Kleiber, Otto Klemperer, Hans Knappertsbusch, Franz Konwitschny, Clemens Krauss, Joan Lamote de Grignon, Joan Manén, Jaume Pahissa, Ottorino Respighi, Josep Sabater, Max von Schillings, Georges Sebastian, Richard Strauss, Igor Stravinskii, Hans Swarowsky, Arturo Toscanini, Antonino Votto e Bruno Walter; e ultimamente Gerd Albrecht, Alexander Anissimov, Richard Bonynge, Sylvain Cambreling, Paolo Carignani, Frédéric Chaslin, Franz-Paul Decker, Romano Gandolfi, García Navarro, Lamberto Gardelli, Armando Gatto, Miguel Ángel Gómez Martínez, Cristóbal Halffter, Janos Kulka, Peter Maag, Riccardo Muti, Woldemar Nelsson, Václav Neumann, Josep Pons, David Robertson, Antoni Ros Marbà, Julius Rudel, Pinchas Steinberg, Peter Schneider, Silvio Varviso e Sebastian Weigle.
Os directores titulares da orquestra foron:
- Josep Pons (2012-)[1]
- Michael Boder (2008-2012)
- Sebastian Weigle (2004-2008)
- Bertrand de Billy (1999-2004)
- Uwe Mund (1987-1994)
- Eugeni M. Marco (1981-1984)
- Ernest Xancó (1959-1961)
A Orquestra ten actuado no Teatro Real de Madrid e no Palacio Real de Madrid, as Arenas de Nîmes, a Ópera de Ludwigshafen, o Théâtre des Champs Élysées de París, o Palau de la Música Catalana e o Teatre Grec de Barcelona, así como o Festival de Orange, o Odeon Herodion Atticus de Atenas, o Festival de Peralada, a Seu Vella de Lleida, unha xira por Galiza (Santiago de Compostela e Vigo), Palau de la Música de València e La Fenice de Venecia, entroutros.
Premieres realizadas pola Orquestra
[editar | editar a fonte]O Gran Teatre del Liceu foi o lugar elixido para a estrea mundial de moitas obras, entre as que cómpre salientar:
- 4 de abril de 1847: cantata de Marià Obiols Il regio imene, a primeira composición interpretada pola orquestra o día da súa presentación.
- 8 de xaneiro de 1853: ópera española de Temistocle Solera La hermana de Pelayo, a primeira ópera estreada pola orquestra.
- 14 de abril de 1874: ópera de Felipe Pedrell L'ultimo Abenzerraggio.
- 14 de maio de 1892: ópera de Tomás Bretón Garín.
- 8 de maio de 1895: ópera de Isaac Albéniz Henry Clifford.
- 5 de xaneiro de 1896: ópera de Isaac Albéniz Pepita Jiménez.
- 4 de xaneiro de 1902: grand opéra de Felipe Pedrell Els Pirineus.
- 3 de decembro de 1903: ópera de Joan Manén Acté.
- 20 de xaneiro de 1906: ópera de Enric Morera Empòrium.
- 15 de xaneiro de 1913: a primeira ópera de Jaume Pahissa Gal·la Placídia.
- 31 de marzo 1923: Marianela Jaume Pahissa.
- 1929: poema sinfónico de Manuel Blancafort Matí de festa a Puiggraciós.
- 3 de marzo de 1932: ópera de Joan Manén Neró i Acté.
- 10 de xaneiro de 1948: ópera infantil de Xavier Montsalvatge El gato con botas.
- 10 de xaneiro de 1948: El mozo que casó con mujer brava Carlos Surinach.
- 14 de decembro de 1950: Lola la Piconera de Conrado del Campo.
- 28 de abril de 1956: ballet de Frederic Mompou e Xavier Montsalvatge Perlimplinada.
- 24 de novembro de 1961: cantata escénica de Manuel de Falla e Ernesto Halffter Atlàntida.
- 11 de decembro de 1962: Una voce in off de Xavier Montsalvatge.
- 19 de xaneiro de 1974: Vinatea de Matilde Salvador.
- 22 de maio de 1986: Oedipus et Iocasta de Josep Soler.
- 21 de setembro de 1988: cantata escénica de Xavier Benguerel Llibre vermell.
- 24 de setembro de 1989: ópera de Leonardo Balada Cristóbal Colón.
- 5 de outubro de 1990 : ortorio de Xavier Benguerel Requiem para Salvador Espriu, no Festival Internacional de Música de Torroella de Montgrí.
- 2 de outubro do 2000: ópera de José Luis Turina D.Q., Don Quijote en Barcelona, con ambientación de La Fura dels Baus.
- 3 de novembro do 2004: ópera de Joan Guinjoan Gaudí.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2010. Consultado o 31 de agosto de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sección da web oficial do Gran Teatre del Liceu adicado á Orquestra (en catalán) (en castelán) (en inglés)
- Sección da web oficial da AEOS adicada á Orquestra Simfònica i Cor del Gran Teatre del LiceuArquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)