Orquídea verde
Orquídea verde | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Coeloglossum viride | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Coeloglossum viride (L.) Hartm. 1820 |
Orquídea verde, Coeloglossum viride,[1] é unha especie de orquídea estreitamente relacionada co xénero Dactylorhiza no que estaban incluídas anteriormente. É a especie de orquídeas cun ámbito de distribución máis extenso, atópanse por todo o hemisferio Norte tépedo, chegando até Islandia e Groenlandia. Son de hábitos terrestres e teñen tubérculos.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Coeloglossum procede das palabras gregas "coelo" (oco, buraco) e "glossum" (lingua). Isto é pola forma do labelo que ten un buraco na súa base. "Viride" = "verde" pola cor predominante na flor.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]
|
|
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Estas orquídeas atópanse distribuídas ao longo da zona subartica e a parte tépeda do hemisferio Norte: en Europa, desde Escandinavia ao norte de África; mesmo en Madeira, Islandia, oeste de Asia, norte de Asia, o Himalaia, Norteamérica e tamén en Alasca.
Descrición
[editar | editar a fonte]Estas orquídeas terrestres desenvólvense en chans básicos e prados húmidos, linderos de bosques e en áreas onde a arboreda está clareando. Teñen tubérculos xeófitos. Nestes grosos talos subterráneos poden almacenar gran cantidade de auga, que lles permiten sobrevivir en condicións de seca.
Posúen grandes follas ovoides ou oblongas que cambian a lanceoladas na parte superior cerca do ápice. Desenvolven un talo curto que alcanza unha altura de 3-4 dms. As follas da parte superior son máis pequenas que as follas máis baixas do talo.
A inflorescencia, é unha espiga cilíndrica, cunhas 5-25 flores pequenas con fragrancia. Estas desenvólvense a partir duns capullos axilares. As cores predominantes son gradacións do verde. Florecen a finais de primavera ou no verán.
O seu sistema de polinización é normalmente entomógamo, pero ao estar desprovistas de néctar teñen que recorrer ao mesmo mecanismo de atracción que presentan outras orquídeas, como é o caso do xénero Orchis, que para atraer aos polinizadores as flores teñen que adquirir a aparencia de flores nectaríferas.
Especies de Coeloglossum
[editar | editar a fonte]Hai moitas especies que se fertilizan de forma cruzada, dando lugar a unha enorme cantidade de variacións que complican a súa clasificación.
Especie tipo: Coeloglossum viride (L. Hartm. (1820)
- Coeloglossum viride orquídea rana
- Coeloglossum viride var. islandiacum (Lindl.) Schulze
- Coeloglossum viride var. virescens (Muhl. ex Willd.) Luer 1975
- Coeloglossum viride var. viride
- Coeloglossum viride ssp. bracteatum (Willd.) Richter 1890.
- Coeloglossum viride ssp. coreanum (Nakai) Samtoi 1969
Híbridos
[editar | editar a fonte]Tamén se poden hibridar con especies doutros xéneros dando lugar a novas especies híbridas:
- × Dactyloglossum P.F.Hunt & Summerh. 1965 (Coeloglossum × Dactylorhiza)
- × Dactyloglossum conigerum (Norman) Rauschert 1973 (Coeloglossum viride × Dactylorhiza maculata)
- × Dactyloglossum dominianum (E.G. Camus, Bergon & A. Camus) Soó 1966 (Coeloglossum viride × Dactylorhiza maculata)
- × Dactyloglossum drucei (Camus) Soó 1966 (Coeloglossum viride × Dactylorhiza maculata)
- × Dactyloglossum erdingeri (Kerner) Janchen 1966 (Coeloglossum viride × Dactylorhiza sambucina)
- × Dactyloglossum guilhotii (E.G. Camus, Bergon & A. Camus) Soó en Soó & Borsos 1966 (Coeloglossum viride × Dactylorhiza incarnata)
- × Dactyloglossum mixtum (Ascherson & Graebner) Rauschert 1969 (Coeloglossum viride × Dactylorhiza fuchsii)
- × Gymnaglossum Rolfe 1919 (Coeloglossum × Gymnadenia)
- × Gymnaglossum jacksonii (Quirk) Rolfe 1919 (Coeloglossum viride × Gymnadenia conopsea)
- × Gymnaglossum quirkii Camus 1928 (Coeloglossum viride × Gymnadenia conopsea)
- × Coeloplatanthera Ciferri & Giacomini 1950 (Coeloglossum × Platanthera)
- × Coeloplatanthera brueggeri Ciferri & Giacomini 1950 (Coeloglossum viride × Platanthera chlorantha)
- Coeloglossum viride × Dactylorhiza maculana × Dactyloglossum drucei (Camus) Soó
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Coeloglossum viride |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Subtribu Orchidinae |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991
- Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993
- White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996
- The Illustrated Encyclopedia of Orchids de Alec Pridgeon. Publicado por Timber Press
- The Manual Of Cultivated Orchid Species de Bechtel, Cribb e Launert, Publicado por MIT Press
- Williams, N. H. 1972. A reconsideration of Ada and the glumaceous brassias. Brittonia 24: 93–110