Orquídea piramidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orquídea piramidal
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Asparagales
Familia: Orchidaceae
Subfamilia: Orchidoideae
Tribo: Orchideae
Subtribo: Orchidinae
Alianza: Orchis
Xénero: Anacamptis
Especie: ''A. pyramidalis''
Nome binomial
''Anacamptis pyramidalis''
(L.) Rich. (1817)

A orquídea piramidal, Anacamptis pyramidalis,[1] (L.) Rich. (1817) é unha especie de orquídea do xénero Anacamptis, que están estreitamente relacionadas co xénero Orchis. Distribúense por Europa Central e do Sur. Son de hábitos terrestres e teñen tubérculos.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Esta orquídea require un lugar asollado e crece sobre diversos tipos de chan: limos ou arxilas e máis raramente en chans arenosos. Tamén pode crecer en terreos moi alcalinos. Atópase en piñeirais, matogueiras e prados de Europa central e do sur.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta perenne e resistente que crece até uns 30 cm de altura, tendo en conta a inflorescencia. As follas son oblongas duns 5 cm e crecen desde os tubérculos subterráneos que son redondos e cun tamaño máximo de 6 cm. A cor da flor varía desde o rosa ao lila, e raramente ao branco. O seu cheiro é forte e rancio. A forma compacta e piramidal da inflorescencia é moi característica desta especie e dá lugar ao seu nome común. As flores son polinizadas por bolboretas e avelaíñas.

Anacamptis pyramidalis var. alba, Mallorca.
Ilustración.

Usos medicinais[editar | editar a fonte]

A fariña dos seus tubérculos chámase salep é moi nutritiva e demulcente. Úsase en dietas especiais de convalecentes e nenos. É moi rica en mucílago e forma unha demulcente e suave xelatina que se usa para a canle gastrointestinal irritada. Unha parte de fariña con cincuenta partes de auga son suficientes para formar a xelatina. O tubérculo para preparar a fariña debe ser colleitado cando a planta está recentemente seca despois da floración e cando soltou as sementes.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Anacamptis pyramidalis foi descrita por (L.) Rich. e publicada en Mémoires du Muséum d'Histoire Naturelle 4: 55. 1818.[2]

Etimoloxía

Anacamptis: nome xenérico que deriva da palabra grega ανακάμτειν 'anakamptein', que significa 'dobrado cara a adiante'.

pyramidalis: epíteto latino que se refire á forma piramidal da súa inflorescencia.[3]

sinonimia
  • Ceres pyramidalis Rchb. 1833
  • Anacamptis condensata C.Koch 1849
  • Anacamptis durandi Bréb. 1936
  • Orchis bicornis Gilib. 1792
  • Orchis pyramidalis L. 1753
  • Orchis rivinii Gouan 1775
  • Anacamptis pyramidalis f. condensata (Desf.) Maire & Weiller in R.C.J.Maire 1959
  • Anacamptis pyramidalis f. sanguinea (Druce) P.D.Sell 1997
  • Anacamptis pyramidalis subsp. condensata (Desf.) H.Lindb. 1932
  • Anacamptis pyramidalis var. brachystachys (d'Urv.) Boiss.
  • Anacamptis pyramidalis var. sanguinea (Druce) Kreutz 2003
  • Orchis appendiculata Stokes 1812
  • Orchis brachystachys d'Urv. 1822
  • Orchis condensata Desf. 1799
  • Orchis duquesnii Nyman 1855
  • Orchis pyramidalis var. sanguinea Druce 1929

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
  2. Anacamptis pyramidalis en Trópicos
  3. En Nombres botánicos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Leroy-Terquem, Gerald and Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991.
  • Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993.
  • White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996.
  • Alec Pridgeon. The Illustrated Encyclopedia of Orchids. Publicado por Timber Press.
  • Bechtel, Cribb and Launert. The Manual Of Cultivated Orchid Species. Publicado por The MIT Press.
  • Williams, N. H. A reconsideration of Ada and the glumaceous brassias. Brittonia 24: 93–110, 1972.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]