Oreophasis derbianus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Oreophasis derbianus
Horned Guan.jpg
Oreophasis derbianus no zoo de Saint Louis
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Familia: Cracidae
Subfamilia: Oreophasinae
Sclater & Salvin, 1870
Xénero: Oreophasis
G. R. Gray, 1844
Especie: O. derbianus
Nome binomial
Oreophasis derbianus
G. R. Gray, 1844
Área de distribución

Para algúns autores Oreophasis derbianus é unha especie de ave da orde dos galiformes e familia dos crácidos, a única do xénero Oreophasis e da subfamilia dos oreofasinos.

Porén, para a maioría forma parte da subfamilia dos penelopinos.[2][3]

Características[editar | editar a fonte]

Es unha ave grande, de aproximadamente 85 cm de longo, parecida a un pavo, coa plumaxe das partes superiores de cor negra brillante, patas vermellas, iris branco, bico amarelo e un rechamante corno vermello na parte superior da cabeza. O peito e a parte anterior do ventre son brancos, e as plumas da súa longa cola son negras cunha banda branca cerca da base. Ambos os sexos son similares. Os xuvenís teñen a plumaxe máis apagada, e o corno máis pequeno, e a cola e as ás son de cor marrón.[1]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Único membro do xénero Oreophasis, distribúese polos bosques húmidos de montaña do sueste de México (Chiapas) e no suroeste de Guatemala. Encóntrase en altitudes de até os 3 350 m, e a súa dieta componse principalmente de froitos, follas verdes e invertebrados. A femia adoita poñeer dous ovos en cada niñada.[1]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Lámina de Oreophasis derbianus, en The Genera of Birds.

Aínda que afastado filoxeneticamente dos crácidos aseméllase moito a estas aves na súa forma e cor xeral da plumaxe, aínda que o corno aseméllao aos Pauxi con casco (outros crácidos). De feito, esta especie é a única sobrevivente dunha liñaxe moi antiga de crácidos que evolucionaron independentemente de todos os demais membros vivos desta familia durante polo menos 20 millóns de anos (e posibelmente até 40 millóns de anos.
Aínda que non ten ningún parente realmente achegado entre os crácidos vivos, esta especie é aparentemente a máis afastada. Dado que as relacións basais dos crácidos vivos non están índa ben establecidas, a especie ás veces sitúase nunha subfamilia distinta, a dos oreofasinos.
Alternativamente, podería formar unha tribo dentro da subfamilia dos cracinos.[4]

Status[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), debido á continua perda de hábitat, o pequeno tamaño da súa poboación, a súa limitada área de distribución e á caza a que se practica nalgunhas zonas, a especie é cualificada cono EN (en perigo).[1] Así mesmo, figura no Apéndice I da CITES.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 BirdLife International (2016): Oreophasis derbianus na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 31 sde xaneiro de 2019.
  2. Penelopinae no ITIS.
  3. Oreophasis derbianus na ADW.
  4. Pereira et al. 2002.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]