Pavo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pavo
Gall-dindi.jpg
Un pavo (Meleagris gallopavo) durante a tempada de apareamento.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Xénero: Meleagris
Especie: M. gallopavo
Nome binomial
'Meleagris gallopavo'
L., 1758
Distribución do pavo salvaxe en América do Norte.

Distribución do pavo salvaxe en América do Norte.
Subespecies

(Véxase no texto.)

O pavo[2] (Meleagris gallopavo) é unha especie de ave galiforme da familia Phasianidae.

É orixinario de América do Norte, mais introduciuse como ave doméstica en case todo o mundo. A súa poboación no momento da chegada dos europeos calcúlase en 40 millóns de exemplares, sendo fortemente cazada ou domesticada. Na actualidade estímase que hai 4 millóns en estado salvaxe e moitos millóns máis en estado doméstico.

Características biolóxicas[editar | editar a fonte]

Os pavos habitan o norte de América, desde os Estados Unidos até o sur de México; as subespecies atópanse nunha ampla gama de hábitats incluíndo chairas e montes, necesitando abeiro para os niños e de árbores para se pousar e evadir os depredadores. Pasan gran parte do día a procurar alimento polo chan e só voan curtas distancias sen chegar a migrar.

Polo xeral son omnívoros e aliméntanse de pequenos insectos, sementes e plantas. O peso e o talle varía considerabelmente dunha subespecie a outra e son de comportamento diúrno pousándose á noite nas pólas das árbores.

Comportamento[editar | editar a fonte]

Os pavos organízanse nunha sociedade xerárquica e comunícanse mediante chamadas e contacto físico sumándose a estes os cortexos sexuais. Segundo a estación, os machos e as femias compórtanse de xeito distinto formando grupos de tamaño e funcións variábeis.

Fóra da época de reprodución os machos e as femias viven en grupos separados, mais chegando a primavera créanse "pavadas de cortexo", grupos de machos adultos e femias de maior tamaño. Neses momentos os machos fixan territorios e os grupos de femias desarticúlanse, provocando que as femias transiten solitarias con total liberdade polos territorios; os machos que conseguiron fixar o seu dominio sobre un territorio tratarán de atraer femias con chamadas sonoras e realizando movementos complexos. En grupos de machos novos só o máis dominante é o que se aparea e comunmente un grupo pequeno de machos dominantes ten total dominio sobre un gran número de individuos.

Cando o macho e maila femia consumaron o acto sexual empezan a construción do niño podéndose aparear diariamente até o momento de chocar. Polo regular as femias forman grupos para aniñar e criar os seus pitos no mesmo niño. A nai pavo depositará de 5 a 8 ovos e chocaraos arredor de 28 días; a seguir os pitos ficarán no niño até os 6 ou 7 meses. Se o apareamento non provoca o nacemento de crías as femias forman pavadas sen niñada. Polo inverno os machos mailas femias sepáranse formando "pavadas invernais" e os pitos machos deixan o niño e forman as súas propias "pavadas invernais".

Subespecies[editar | editar a fonte]

Coñécense seis subespecies de Meleagris gallopavo :[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]