Oreol 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oreol 2
TipoCientífico
Destino actualEn órbita.[1][2]
Data de lanzamento26 de decembro de 1973, 16:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorKosmos 3M[3][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[3]
Obxectivo da misiónEstudo magnetosfera terrestre e das auroras polares.[3]
NSSDC ID1973-107A
Masa550 kg[6]
Datos orbitais
Semieixo maior7097,7 km[1]
Inclinación73,9 graos[1]
Apoapse1071,9 km[1]
Periapse381,5 km[1]

Oreol 2, tamén denominado Aureole 2 e Arkad 2, foi un satélite artificial francosoviético lanzado o 26 de decembro de 1973 mediante un foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.[3][5]

Características[editar | editar a fonte]

Oreol 2 foi o segundo membro do modelo de satélites DS-U2-GKA. Estaba adicado a facer observacións da magnetosfera terrestre, así como das auroras polares e outros fenónemos da atmosfera superior no marco do programa Arkad de colaboración entre Francia e a Unión Soviética. O programa Arkad tiña como finalidade continuar as observacións aurorais, magnetosféricas e ionosféricas feitas polos satélites Kosmos 261 e Kosmos 348 (satélites de clase DS-U2-GK). A nivel de terra colaboraron Bulgaria, Hungría, a República Democrática Alemá, Polonia, Romanía e Checoslovaquia mediante observacións nos momentos do paso do satélite.[1][2][6][7]

Foi inxectado nunha órbita inicial de 1441 km de apoxeo e 387 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 74 graos e un período de 103,3 minutos.[1][2][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "AUREOLE 2" (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Letter dated 18 March 1974 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF). 30 de xaneiro de 1974. Consultado o 31 de agosto de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 NASA (14 de maio de 2012). "Aureol 2" (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2012. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Oreol 2 (Aureole 2)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 31 de agosto de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-U2-GKA" (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "Aureole" (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2012. 
  7. Charles S. Sheldon II (21 de xullo de 2011). GlobalSecurity.org, ed. "International Science Projects" (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]