Kosmos 261

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 261
TipoCientífico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento19 de decembro de 1968, 23:55 GMT[1][2][3][4][5]
Foguete portadorKosmos 2I[2][6]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2]
Obxectivo da misiónEstudos xeofísicos.[2]
Decaemento12 de febreiro de 1969[1]
NSSDC ID1968-117A
Masa400 kg[7]

Kosmos 261 (Космос 261 en ruso), tamén denominado DS-U2-GK Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 20 de decembro de 1968 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][4][6]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 261 foi o primeiro membro do modelo de satélites DS-U2-GK. Estaba adicado a facer observacións xeofísicas da atmosfera superior e á observación das auroras polares, labor continuada polo seu sucesor, Kosmos 348. Kosmos 261 foi inxectado nunha órbita inicial de 670 km de apoxeo e 217 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71 graos e un período de 93,0 minutos. Reentrou na atmosfera o 12 de febreiro de 1969.[1][3][7]

Resultados[editar | editar a fonte]

Kosmos 261 obtivo o espectro de electróns na parte interior do cinto de Van Allen e medíu a distribución angular de partículas ó longo da súa órbita.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 261" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 261" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 7 April 1969 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (69-08572). 24 de abril de 1969: 2. A/AC.105/INF.203. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "COSMOS ACTIVITY" (PDF). 17 de abril de 1969: 646. FLIGHT International. Consultado o 28 de agosto de 2012. 
  5. Claude Lafleur (2010). "Kosmos 261" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-U2-GK" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2012. 
  7. 7,0 7,1 Mark Wade (2011). "DS-U2-GK" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]