Saltar ao contido

Aurora polar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aurora boreal en Alasca.

Unha aurora polar (que pode ser austral ou boreal) prodúcese cando unha exección de masa solar choca cos polos norte e sur da magnetosfera terrestre, producindo unha luz difusa pero predominante proxectada na ionosfera terrestre, composta de partículas cargadas que emiten a cor ó tempo que varían a súa traxectoria ó interactuar co campo magnético terrestre e a atmosfera. As auroras son unha manifestación da 'temperie espacial'.[1]

Timelapse dunha aurora

Características

[editar | editar a fonte]

Como podemos observar na fotografía as auroras boreais non sempre son da mesma cor, dependen da oblicuidade con que choquen as partículas solares contra un polo, en función da cantidade, velocidade das partículas e posición relativa da Terra. Sen unha magnetosfera potente estas partículas producirían grandes danos e un aumento da temperatura.

A aurora aparece tipicamente tanto como un brillo difuso canto como unha cortina estendida en sentido horizontal. Algunhas veces fórmanse arcos que poden mudar de forma constantemente. Cada cortina consiste de varios raios paralelos e aliñados na dirección das liñas do campo magnético, suxerindo que o fenómeno no noso planeta está aliñado co campo magnético terrestre. Do mesmo xeito a xuntanza de diversos factores pode levar á formación de liñas aurorais de tonalidades de cores específicas.

Aurora austral rexistrada ás 22:50 (hora local) en Lakes Entrance, Victoria, Australia

O vento solar é unha corrente constante de electróns, protóns e ións emitida polo Sol, mentres as execcións de masa coronal son erupcións periódicas solares de colosais nubes de plasma. Os eventos máis extremos deste tipo poden crear distorsións na protección que o campo magnético terrestre exerce sobre o noso planeta, creando tormentas xeomagnéticas. Estas poden interferir gravemente coas infraestruturas na Terra e no espazo, expoñendo á radiación ós futuros exploradores da Lúa e Marte. Pénsase que unha tormenta solar da escala do 'evento Carrington' (1859), causaría enormes danos nos satélites, redes eléctricas e comunicacións de radio.[1] O ser humano sentiríase inseguro xa que poden ser mortais. Unha proba diso é que cada vez que se produce unha exección de masa solar, os satélites SOHO e ACE, ó localizarse fóra da magnetosfera quedan danados.

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia, as auroras boreais son moi raras, xa que a súa localización xeográfica atópase demasiado ó sur. Porén téñense rexistrados estes fenómenos, contabilizando unhas tres auroras en cada século.[2]

Noutros planetas

[editar | editar a fonte]
Aurora polar en Xúpiter. O punto brillante á esquerda é o final do campo magnético para a lúa Io. Os puntos no medio son das lúas Europa e Ganímedes

As auroras tamén ocorren noutros astros. Os polos de Xúpiter e Saturno teñen grandes campos magnéticos. En ambos os planetas, o telescopio espacial Hubble tomou fotos de luces polares. Tamén se observou a aurora polar en Urano, Neptuno e Venus. O Mars Express tamén viu auroras en Marte o 14 de agosto de 2004. Xúpiter tamén ten auroras que proveñen das súas lúas, Ío, Europa e Ganímedes.

  1. 1,0 1,1 "Restless star makes for stunning storm". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-22. 
  2. Rolland, Eduardo. GCiencia, ed. "Así se viviron as extraordinarias auroras boreais sobre Galicia". Consultado o 25 de novembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]