Oreol 1
Oreol 1 | |
---|---|
Réplica do Oreol 1 no Museo do Aire e do Espazo en Le Bourget, París. | |
Tipo | Científico |
Destino actual | En órbita.[1][2] |
Data de lanzamento | 27 de decembro de 1971, 19:00 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Kosmos 3M[3][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[3] |
Obxectivo da misión | Estudo magnetosfera terrestre e das auroras polares.[3] |
NSSDC ID | 1971-119A |
Masa | 630 kg[6] |
Oreol 1, tamén denominado Aureole 1 e Arkad 1, foi un satélite artificial francosoviético lanzado o 27 de decembro de 1971 mediante un foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.[3][5]
Características
[editar | editar a fonte]Oreol 1 foi o primeiro do modelo de satélites DS-U2-GKA. Estaba adicado a facer observacións da magnetosfera terrestre, así como das auroras polares e outros fenónemos da atmosfera superior no marco do programa Arkad de colaboración entre Francia e a Unión Soviética. O programa Arkad tiña como finalidade continuar as observacións aurorais, magnetosféricas e ionosféricas feitas polos satélites Kosmos 261 e Kosmos 348 (satélites de clase DS-U2-GK). A nivel de terra colaboraron Bulgaria, Hungría, a República Democrática Alemá, Polonia, Romanía e Checoslovaquia mediante observacións nos momentos do paso do satélite.[1][2][6][7]
Foi inxectado nunha órbita inicial de 2500 km de apoxeo e 410 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 74 graos e un período de 106,9 minutos.[1][2][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "AUREOLE 1" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Letter dated 24 January 1972 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (72-02096). 25 de xaneiro de 1972: 4. Consultado o 30 de agosto de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 NASA (14 de maio de 2012). "Aureol 1" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2012.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Oreol 1 (Aureole 1)" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-U2-GKA" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "Aureole" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2012.
- ↑ Charles S. Sheldon II (21 de xullo de 2011). GlobalSecurity.org, ed. "International Science Projects" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2012.