Operación Marea Negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Operación Marea Negra
FormatoSuspense
Desenvolvido por
  • Ficción Producciones
  • Ukbar Filmes
Dirixido por
Intérpretes
País de orixeEspaña España
Portugal Portugal
Lingua(s)Castelán e portugués
Temporadas3
Episodios4+5+5
Produción
Duración50 minutos
Distribuidor
Emisión orixinal
Canle de orixeAmazon Prime Video
Formato de imaxe1080i HDTV
Primeira emisión25 de febreiro de 2022
Na rede
IMDB: tt14989818 Filmaffinity: 148923 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Operación Marea Negra é unha miniserie hispano-portuguesa de suspense e drama, escrita por Patxi Amezcua e Natxo López, e dirixida por Daniel Calparsoro, Oskar Santos e Joao Maia para Amazon Prime Video. Está producida por Ficción Produciones e Ukbar Filmes, xunto á televisión pública portuguesa RTP e varias canles automónicas españolas, coa CRTVG á fronte.[1] A ficción, baseada na historia real do narcosubmarino atopado en Galicia en 2018, está protagonizada por Álex González xunto a Nerea Barros, Nuno Lopes, Miquel Insua, Luis Zahera, Xosé Barato, Carles Francino, Manuel Manquiña, Lúcia Moniz, Luís Esparteiro, David Trejos, Leandro Firmino e Bruno Gagliasso.[1]

1ª Tempada[editar | editar a fonte]

A serie componse de 4 capítulos e estreouse o 25 de febreiro de 2022.[2]

A serie estreouse dobrada ao galego o 4 de xullo de 2022 a través da TVG.[3] Foi traducida por Adrián Ramos e Andrea Ucha Bouzada e o director de dobraxe foi Antón Rubal.[3]

Sinopse[editar | editar a fonte]

En novembro de 2019, un semisomerxible de construción artesanal atravesa o océano Atlántico con tres toneladas de cocaína no seu interior. Dentro, tres homes sobreviven treboadas, correntes, avarías, fame, pelexas e un constante acoso policial. Á fronte dos mandos vai Nando (Álex González), un mozo galego campión de España de boxeo afeccionado e mariño experto sen recursos económicos, que se ve obrigado a buscar outros medios para gañarse a vida.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Principais[editar | editar a fonte]

  • Álex González como Fernando Barreira Valdés "Nando"
  • Nuno Lopes como Sergio Pereira Coelho (episodio 1 - episodio 2)
  • David Trejos como Angelito (episodio 2 - episodio 4)
  • Leandro Firmino como Walder (episodio 2 - episodio 4)
  • Nerea Barros como Gema Barreira Costa (episodio 1 - episodio 2; episodio 4)
  • Lúcia Moniz como Carmo Gutierres
  • Xosé Barato como Tenente Ortiz
  • Manuel Manquiña como Antón
  • Miquel Insua como Octavio Valdés (episodio 1 - episodio 2; episodio 4)
coa colaboración especial de

Secundarios[editar | editar a fonte]

  • Tomás Alves como subinspector Afonso Martins
  • Adriano Carvalho como Vasco Ferreira (episodio 1; episodio 4)
  • Alfredo Villa como Mao (episodio 2)
  • Kevin Stewart como Jake (episodio 2)
  • Luís Esparteiro como Manuel (episodio 4)
  • Melania Suárez como axente (episodio 2)
  • David Seijo como axente (episodio 4)

Produción[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2021, anunciouse que Amazon Prime Video estaba a desenvolver, xunto a Ficción Produciones, varias canles da FORTA (entre elas a CRTVG) e a canle pública portuguesa RTP, unha serie de 4 capítulos sobre o primeiro narcosubmarino aparecido en Europa, titulada Operación Marea Negra.[4] Daniel Calparsoro foi contratado como o director principal da serie, mentres que Oskar Santos e o portugués Joao Maia tamén dirixiron a serie.[5] O guión foi escrito por Patxi Amezcua e Natxo López.[6]

En xullo de 2021, anunciouse que Álex González protagonizaría a serie,[7] á vez que se anunciaron outros actores para a mesma.[8]

Lanzamento e mercadotecnia[editar | editar a fonte]

O 21 de decembro de 2021, Amazon Prime Video sacou as primeiras imaxes da serie e estreouse dobrada en febreiro de 2022.[1]

Episodios[editar | editar a fonte]

Tempada 1[editar | editar a fonte]

Nº serie Nº temp. Título Dirixiu Escribiu Estrea Estrea TVG
1 1 Episodio 1 Daniel Calparsoro Natxo López 25/02/2022 04/07/2022
2 2 Episodio 2 Daniel Calparsoro Patxi Amezcua 25/02/2022 18/07/2022
3 3 Episodio 3 Daniel Calparsoro Patxi Amezcua 25/02/2022 19/07/2022
4 4 Episodio 4 Oskar Santos Natxo López 25/02/2022 19/07/2022

Na TVG emitiuse Operación Marea Negra: o documental 4 o 20 de xullo de 2022. Tras entrar en augas galegas, o semisomerxible é seguido para abortar calquera posibilidade de descarga da droga. Toma rumbo norte e a tripulación intenta unha última descarga que é cortada pola presenza da Garda Civil. A nave diríxese cara a ría de Aldán onde a envían ao fondo e a tripulación é perseguida en terra ata ser detidos na zona.[9]

2ª Tempada[editar | editar a fonte]

O 21 de marzo de 2022, a serie foi renovada para unha segunda tempada.[10]

Son 5 capítulos de 45 m. No elenco mantéñense Nerea Barros, Luís Zahera, Manuel Manquiña, Leandro Firmnio, Bruno Gagliasso, David Trejos, Carlos Francino, Miguel Insua, Xosé Barato. Entran Óscar Jaenada, Esther Acebo, Belén López, Miguel de Lira e Patricia Vico. O protagonista pasa a ser Jorge López en lugar de Alex González.[11]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Rodada entre Galicia e Portugal, a segunda tempada lévanos a dous anos despois de rematar a primeira, e con Nando como centro da acción. Un personaxe co que nos reencontramos a través da súa nova vida cotiá no cárcere, e que acaba camiñando como un funambulista entre o legal e o ilegal para seguir sobrevivindo.[11] Os novos capítulos navegarán entre o crime e a lei, entre a vinganza familiar e a xustiza. Nando evolucionará seguindo unha viaxe chea de traizóns e dobres xogos, camiñando polo fráxil equilibrio entre o legal e o ilegal.[12]

Episodios[editar | editar a fonte]

Tempada 2[editar | editar a fonte]

Nº serie Nº temp. Título Dirixiu Escribiu Estrea Estrea TVG
5 1 Episodio 1 Daniel Calparsoro José Rodríguez 10/02/2023 18/09/2023
6 2 Episodio 2 Igor Legarreta Natxo López 10/02/2023 18/09/2023
7 3 Episodio 3 Igor Legarreta Patxi Amezcua 10/02/2023 25/09/2023
8 4 Episodio 4 Igor Legarreta José Rodríguez 10/02/2023 02/10/2023
9 5 Episodio 5 Igor Legarreta José Rodríguez 10/02/2023 09/10/2023

3ª Tempada[editar | editar a fonte]

En xullo de 2023 anunciouse unha terceira e última tempada en Amazon Prime Video e o inicio da rodaxe. Continúa Jorge López e entran Mina El Hammani, Dani Pérez Prada e Felipe Pirazán. Tamén participa a portuguesa Lúcia Moniz.[13] Tamén seguen Óscar Jaenada, Bruno Gagliasso (Marighella), Pêpê Rapazote (Narcos), Soraia Chaves (Sequia), Diego Anido (As bestas), Luis Zahera (As bestas), Daniel Ibáñez (Las leyes de la frontera), Miguel de Lira (Vivir sin permiso), Patricia Vico (Hasta el cielo) e Belén López (White Lines), entre outros.

Serán 5 episodios de 45 m. Producida por Ficción Produciones, con Mamen Quintas e Julio Casal de produtores executivos xunto coas tv produtoras españolas e a RTP. Na dirección Daniel Calparsoro con Igor Legarreta e Oskar Santos. No guión Asier Guerricaechebarría e Javier Echániz.[13]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Convertido no intermediario de moda entre América e Europa, a perda dun importante cargamento de fentanilo sitúa a Nando Barreira na peor das situacións: ter que render contas ante ambas as partes. A partir de aquí, Nando comeza unha carreira contra o tempo, non só para recuperar o crédito perdido dos que confiaban nel, senón tamén para eludir á policía que levan meses rastrexando. Unha carreira suicida na que preservar o seu prestixio e liberdade é o menos importante; O máis importante é seguir vivo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Álex González se deja ver en 'Operación marea negra', que ya tiene mes en Amazon". Vertele (en castelán). 21 de decembro de 2021. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  2. "‘Operación Marea Negra’ llegará en febrero a Amazon Prime Video". TVienes (en castelán). 21 de decembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2021. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 @Cinemarfilms, ed. (4 de xullo de 2022). "Operación Marea Negra na TVG". Consultado o 5 de xullo de 2022. 
  4. Martínez, Héctor Llanos (23 de xuño de 2021). "La odisea por el Atlántico del narcosubmarino capturado en Galicia en 2019 se convierte en serie". El País (en castelán). Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  5. "La historia del primer narcosubmarino se hará serie con Daniel Calparsoro para Amazon Prime Video". Vertele (en castelán). 23 de xuño de 2021. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  6. "‘Operación Marea Negra’: la historia del narcosubmarino hallado en Galicia en 2019 se convierte en serie". ALMA Guionistas (en castelán). 29 de xuño de 2021. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  7. "Álex González liderará la 'Operación Marea Negra', nueva miniserie sobre narcotráfico de Amazon Prime Video". Vertele (en castelán). 5 de xullo de 2021. Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  8. Lizana, Almudena M. (5 de xullo de 2021). "Álex González protagonizará 'Operación Marea Negra', la miniserie de Amazon Prime Video sobre narcotráfico". FormulaTV (en castelán). Consultado o 26 de decembro de 2021. 
  9. "Operación Marea Negra: o documental 4 CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-09-18. 
  10. "Amazon Prime Video: Operación Marea Negra tendrá segunda temporada". www.prensario.net (en castelán). Consultado o 2022-03-22. 
  11. 11,0 11,1 Pérez, Laura (2023-02-10). "'Operación Marea Negra' se convierte en otra serie en una temporada 2 difícil de sostener". Vertele (en castelán). Consultado o 2023-09-18. 
  12. "Volve a serie 'Operación Marea Negra' á TVG, coa estrea da segunda temporada e unha dobre entrega de episodios esta noite CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-09-18. 
  13. 13,0 13,1 verTele, Redacción (2023-07-18). "'Operación Marea Negra' anuncia su tercera y última temporada en Amazon, con tres fichajes y una reincorporación". Vertele (en castelán). Consultado o 2023-09-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]