Converse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Converse
Converse logo.svg
ConverseJeans.jpg
Calzado Converse All Star.
Tipo Subsidiaria de Nike
Fundación 1908
Matriz Nike
Localización North Andover, Massachusetts, Estados Unidos de América Estados Unidos
Fundador Marquis Mills Converse
Industria Calzado
Número de empregados 2 658 (en EE.UU.)

Converse, (pronunciado kon'vers), é unha compañía estadounidense que produce calzado dende comezos do século XX.

Historia[editar | editar a fonte]

O fabricante de zapatos de caucho Marquis Mills Converse abriu a súa primeira fábrica en Malden, Massachusetts, en 1908. Os deseños sinxelos e confortables de Converse decontado gañaron moitos seguidores, pero foi unha década despois cando comezou o seu verdadeiro bum, pois, ao incluír a lona na manufactura dos seus produtos, estes fixéronse moito máis resistentes e perfectos para o baloncesto, deporte que os adoptou como os seus zapatos oficiais. E foi precisamente un xogador de baloncesto o que se convertería no selo e imaxe de Converse durante os seguintes 50 anos: Chuck Taylor, estrela da época que sempre demostrou a súa preferencia por estes zapatos deportivos e que non só se converteu no embaixador que levou a imaxe de Converse por todos os Estados Unidos ata a súa morte en 1969, senón que, incluso, desde 1923 adoptounos como seus ao aparecer un parche co seu nome e símbolo na área do nocello dos zapatos. A partir dese momento, a liña sería coñecida como Chuck Taylor All Star Converse, pero a vila simplemente chamaríaas chucks.

Coa profesionalización da NBA, as esixencias dos equipos aumentaron e Converse tivo que deixar as súas clásicas cores brancas e negras para adaptarse ás novas épocas e achegar os deseños coloridos e vistosos que as franquías profesionais requirían. Incluso tiveron que aumentar os materiais e introduciron o vinilo e a pel de cara á súa supervivencia como marca e seguir sendo os favoritos de Norteamérica.

Co lanzamento de novas liñas como a Jack Purcell e a Heritage, Converse dominou o mercado nos anos 70's e 80's. A súa publicidade agresiva e intencional colocábaos como os zapatos que están por doquier, consonte ao popular anuncio publicitario no que aparecía Larry Bird e Magic Johnson, porén, as cousas xa non ían tan ben: a aparición de Nike, Reebok e Adidas nos Estados Unidos representaron unha competencia para a cal a compañía non estaba preparada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]