Observatorio astronómico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Observatorio astronómico de Estrasburgo.

Un observatorio astronómico é unha construción ou lugar destinado ao estudo dos corpos celestes e do ceo en xeral.

Características[editar | editar a fonte]

Observatorio astronómico de Cotobade.

Historicamente os observatorios contiveron sextantes como ferramentas ou pedras aliñadas con certos fenómenos astronómicos, como é o caso de Stonehenge. A comezos da década de 1940 comezáronse a construír radiotelescopios para detectar e estudar radiofontes no Universo. O maior radiotelescopio do mundo atópase en Porto Rico, trátase do Radiotelescopio de Arecibo. O maior centro de Radiotelescopios está en Chajnantor, Chile.

Os modernos observatorios astronómicos conteñen enormes telescopios (con espellos de varios metros de diámetro) e ordenadores para o procesamento dos datos obtidos. Exemplos de observatorios deste tipo son o Mauna Kea en Hawái, Observatorio del Roque de los Muchachos e Observatorio do Teide nas Illas Canarias, Cerro Tololo e Cerro Pachón en Chile.

Cos derradeiros adiantos científicos foi posible enviar telescopios e instrumentos de observación celeste fóra do planeta Terra, como o Telescopio Espacial Hubble.

En Galiza existen catro observatorios astronómicos. O primeiro foi o Observatorio astronómico de Lalín, inaugurado en 1911. O Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela funciona desde 1943. En 2008 inaugurouse o Observatorio astronómico de Forcarei (xa pechado), e en 2011 comezou a funcionar o Observatorio astronómico de Cotobade. Está en proxecto a construción doutro máis en Covelo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Observatorios astronómicos de Galicia[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]