Saltar ao contido

Radiotelescopio de Arecibo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Radiotelescopio de Arecibo
Arecibo Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Conservación
 Material usado
 Custo
9.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Propietario/a
 Deseñador/a
Datas
 Disolución / destrución
1 de decembro de 2020 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
1 de novembro de 1963 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
6 de novembro de 1959encargo
1960construción
1 de novembro de 1963apertura
20 de setembro de 2017Furacão Maria (pt) Traducir
19 de novembro de 2020retirada do servizo
1 de decembro de 2020falla estrutural
xaneiro de 2021demolición Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Diámetro304,8 m, 27 m e 221 m Editar o valor en Wikidata
Superficie73.000 m² Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Altitude
498 m Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
 Premios
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O radiotelescopio de Arecibo foi un centro de observación astronómica situado no Estado Libre Asociado de Porto Rico, no concello de Arecibo. Estivo administrado desde 1966 até 2011 pola Universidade Cornell, e despois pasou a depender da National Science Foundation dos Estados Unidos de América.

Despois de case seis décadas de funcionamento, o que durante moito tempo foi o radiotelescopio maior e máis potente do mundo (hoxe en día é o FAST chinés, de 500 m de diámetro[1]), no 2020 sufriu dúas roturas (en agosto e novembro) de cables de soporte da estrutura de recollida de sinais, pasando a ser perigoso. Decidiuse a retirada da cúpula gregoriana (a plataforma suspendida con cables) e o prato principal, despois de que caera o cable sobre esta placa reflectora.[2][3] Antes da súa retirada, a plataforma colapsou o 1 de decembro de 2020.

Tivo importancia en diversos campos da astronomía, sendo notorio na procura de vida extraterrestre co proxecto SETI.