Observatorio astronómico de Forcarei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O observatorio á noite co ceo estrelado.

Coordenadas: 42°36′38.3″N 08°22′15.1″O / 42.610639, -8.370861

O Observatorio astronómico de Forcarei é un observatorio astronómico situado no concello de Forcarei, Pontevedra foi fundado no ano 2009 e é propiedade da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC³).

Situación[editar | editar a fonte]

Áchase nun outeiro cunha altitude de 670 msnm no lugar das Casetas, a 3 km de Forcarei na estrada EP-7001 que une Forcarei coa Estrada. Na zona no existen industrias nin grandes vilas, trátase logo dunha zona con moi pouca polución lumínica. Ademais as montañas abeiran o lugar da luz de Compostela, A Estrada ou Lalín. O ceo é escuro, transparente e limpo[1].

Instalacións[editar | editar a fonte]

Trátase dun edificio con dous andares: o inferior de 8 m de diámetro con diversos cuartos e control do telescopio, e o superior cunha cúpula de 5 m que acolle o telescopio principal.

Equipamento[editar | editar a fonte]

O edificio polo día.

Telescopio Ritchey Chretien Carbon Trust fabricado por RC Optical Systems

  • Apertura 20" (50,8 cm.)
  • F/8.1
  • Distancia focal de 4115 mm.
  • Cámara CCD SBIG STL-11000M con roda portafiltros interna de 5 posicións que inclúen: L (luminance), R (red), G (green), B (blue), C (clear).

Liña de traballo[editar | editar a fonte]

Diversos labores de divulgación científica a todos os niveis. Dende a súa primeira luz desenvólvense tarefas de investigación.

Historia[editar | editar a fonte]

O centro viu a primeira luz o 13 de marzo de 2009 tendo estado en período de proba e axuste final de equipos até inicios de abril do mesmo ano. Anteriormente, e co observatorio aínda en construción, dende o venres 8 ao domingo 10 de agosto de 2008, tivo lugar na súa contorna a primeira edición da Astrofesta Galega - "Astrogalicia 2008" á que acudiron astrónomos de todo o país. Entre outras actividades se realizaron obradoiros e se deron varias conferencias a cargo de poñentes de alto nivel, como: José Luis Comellas , Ángel Gómez Roldan , Ángel Huelmo e Ramón Naves.

As primeiras sesións públicas de observación nocturna, co observatorio totalmente operativo realizáronse despois da Semana Santa do mesmo ano da súa apertura,[2] concretamente o venres 17 e o sábado 18 de abril de 2009.

Entre os actos que celebraron o ano 2009 como Ano Internacional da Astronomía desenvolveuse, entre o 25 e o 27 de xuño de 2009, o Encontro Astronómico titulado Da teoría á práctica no OAF de 30 horas lectivas. Durante os anos 2009 e 2010 o observatorio continuou coas súas tarefas investigadoras, formativas e divulgativas, en especial a atención de grupos de visitantes, escolares, afeccionados e interesados pola astronomía.

En 2011 o observatorio viuse obrigado a modificar o seu funcionamento sustentándose coa axuda do Concello de Forcarei e dedicándose a labores do Patronato que o dirixe e os seus colaboradores. A actividade continúa[3][4] aínda que se xeito reducido e actualmente permanece aberto cun horario limitado.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]