Ponte da ría de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°29′55″N 8°09′58″O / 43.498733333333, -8.1660888888889

Ponte da ría de Ferrol
Localización
Ríoría de Xuvia
ConcelloNeda - Narón
ProvinciaA Coruña
Características
Construción2003
Lonxitude1169 m
Ancho2 + 2 carrís + beiravías
TipoSobre piares
MaterialFormigón

A ponte da ría de Ferrol (nome non oficial) é unha ponte da autoestrada AP-9 que comunica os concellos de Neda e Narón sobre a ría de Xuvia, a ponte é libre de peaxe.

Historia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Ponte das Pías.

A construción da autoestrada ata Ferrol era unha vella reivindicación de ferrolterra, houbo que esperar ata o 15 de decembro de 2003[1] para a súa inauguración. Esta nova ponte dende Neda ata Narón cruzaba a ría de Xuvia cunha ponte de máis dun km de longo sobre piares.

A ponte está limitada a 100 km/h polo tamaño das beiravías. No lado de Neda tamén ten accesos dirección Fene. No lado de Narón ten saídas para Xuvia onde está Megasa e A Gándara e o seu polígono.

Galería de Imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cronoloxía da AP-9". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2012. Consultado o 03 de decembro de 2012.