O Cerqueiro, Baldráns, Tui
O Cerqueiro | |
---|---|
Parroquia | Baldráns |
Concello | Tui |
Poboación | 86 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Cerqueiro é un lugar da parroquia de Baldráns, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 86 habitantes (43 homes e 43 mulleres), a mesma cantidade ca no ano 2000.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Neste barrio foron atopados de maneira casual varios bifaces de tipoloxía paleolítica (seixos de cuarcita tallados en ambas as caras). O barrio conta cun muíño, o muíño de Nogueira[1].
Economía e agricultura[editar | editar a fonte]
O barrio está situado na Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas, concretamente dentro da área do Condado do Tea. Na actualidade hai dúas adegas comerciais activas no barrio.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Baldráns[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Baldráns no concello de Tui (Pontevedra) | |
---|---|
A Carballiza | O Cerqueiro | O Facho | A Igrexa | A Malladoura | A Parceira | O Rapado | A Teixeira | As Veigas |
Parroquias de Tui[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Martínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra.